InicioCULTURA"Non se pode enterrar o Lecer"

“Non se pode enterrar o Lecer”

Publicada o

Por Redacción

Esta mañá, os docentes e usuarios do Programa de Lecer do Fórum Metropolitano e do Ágora continuaron coas súas mobilizacións para solventar a problemática xurdida arredor dos cursos culturais. Aproveitando o Entroido, este Mércores de Cinza realizaron o “Enterro do Programa de Lecer” ás portas do edificio municipal da Marina nunha acción festiva e reinvindicativa pola actualización dos soldos, e mellora salarial, a posta en marcha urxente dos cursos neste 2026, e a preparación duns pliegos axeitados á realidade formulados para o contrato do curso que vén.

Unha concentración que aproveita o Movemento Sumar Coruña, que quere trasladar o seu apoio ás traballadoras e traballadores do programa. “O que está a acontecer non é unha cuestión menor nin técnica: é unha responsabilidade política directa”, sinala a voceira, Trinidad Palacios. “Non é tolerable que haxa salarios pendentes nun programa municipal que funciona e que ten demanda. Estamos falando de dereitos laborais e de respecto á cidadanía”.

Palacios sinalou ao presidente do IMCE e concelleiro competente, Gonzalo Castro, como máximo responsable da situación: “Non pode permanecer impasible mentres un programa consolidado queda paralizado e mentres o persoal agarda por salarios que lle corresponden. “O IMCE ten que pagar o que debe e activar xa a programación deste ano”.

“Se o Goberno municipal non é capaz de garantir algo tan básico como pagar a tempo e manter en marcha un programa consolidado, entón o problema xa non é puntual: é estrutural”, sentencia.

Máis novas

O Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

O conflito no programa de Lecer dá outro salto pero segue no aire e o profesorado convoca unha cacerolada

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Docentes e usuarios defenden o Programa de Lecer nunha reivindicativa ”aula aberta” en María Pita

ÚLTIMAS

30 anos da catástrofe do vertedoiro de Bens

Pasaron 30 anos daquel 10 de setembro de 1996. Moitos lembramos aínda ese cheiro...

Unha táboa flamenca do século XVI recuperada do tráfico ilícito entregada ao Museo de Belas Artes da Coruña

O Ministerio de Cultura entregou ao Museo de Belas Artes da Coruña -- de...

A coruñesa María Nieto lánzase ás meigas na súa segunda novela

Hijas de Lilith, a nova novela da escritora e xornalista coruñesa María Nieto, chegará...

CRMH recorrerá a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña anunciou que recorrerá a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here