InicioA CORUÑAO Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

O Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Preto de 200 persoas arrouparon os docentes dos cursos culturais do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora esta mañá na cacerolada convocada en María Pita. Unha mobilización para asegurarse que os membros do goberno, e da corporación municipal, que acodían ao pleno, se enteiran das demandas tanto dos 60 docentes como dos máis de 6.000 usuarios deste histórico programa.

Mentres no pleno, e vixiados por varios docentes (que ademais fixeron uso do escano cidadán, por segunda vez en 4 meses, se ben tiveron que esperar ás 17:00h da tarde á reanudación dun pleno que foi suspendido pola alcaldesa tras unha subida de tensión entre o PP e o PSOE), debatíanse dúas preguntas formuladas por PP e BNG sobre o asunto, na praza docentes e usuarios berraban e facían soar os seus elementos domésticos para deixar claro a súa disconformidade coa situación: varios meses de débedas, e xa un mes de atrasos na posta en marcha dos cursos.

Tivo arrestos Gonzalo Castro, Concelleiro de Cultura, para, antes de entrar no pleno, colarse no medio da cacerolada para “trasladarvos todo o meu apoio”, asegurando que “estamos solucionando o problema”, e que “o programa comezará en días”. Unha promesa que non sentou de todo ben entre o profesorado, que saben que as cousas non están tan avanzadas, e que o único que aceptou a empresa concensionaria Serviplús, é a cesión da débeda, non á cesión da xestión dos programas.

Xa no pleno, despois das inquerencias de BNG e PP por solventar con urxencia a situación, o propio Castro asegurou que o Concello ten “solucionado o máis urxente: o pago das débedas”, garantindo o pago (pendente de que un 30% do profesorado envíe a súa situación concreta), usando fondos do IMCE despois de reter varias facturas da propia Serviplús.

”A seguinte urxencia é a de manter o servizo, e para iso estase falando con varias empresas para que asuman a cesión temporal da xestión”, sinalou, asegurando que xa houbo unha reunión cunha empresa, pero sen matizar ningún paso máis. En paralelo, como sinalamos onte, “o Concello está a elaborar nun novo pliego” para a concesión da xestión do programa de Lecer (enténdese que tamén o das Escolas Deportivas Municipais), “no que se vai escoitar aos representantes dos traballadores”, apuntou agradecendo a colaboración da CIG.

No escano cidadán

Beatriz Alvarez escano cidadan educadora Programa de Lecer
Beatriz Álvarez usando o escano cidadán, como educadora do Programa de Lecer

Foi Beatriz Álvarez, en rrepsentación de máis de 70 educadoras e máis de 6000 usuarios do programa de Lecer, o que expuxo, xa ás 17¡:00 da tarde, “a grave situación que vive o noso colectivo de profesionais que representamos ao Concello da Coruña cada día da nosa vida laboral”. Debuxou a situación de levar moitos meses traballando sen cobrar (aínda hai 15 autónomos que levan todo 2025 sen cobrar, con máis de 4.000€ de débeda), sen ningún apoio municipal.

“Hoxe poderíamos dicir que estamos en vías de solventarse, pero cremos que estas novidades son máis a resposta ás nosas reivindicacións, que non a vontade real do Concello”.

Con todo, apuntou que o máis importante é “a recuperación do Programa 2026, porque os traballadores estamos sen traballar e os usuarios sen gozar deste programa que ten 25 anos de historia. Nós movemos a cultura de base, e as salas municipais culturais están baleiras e choran por nós”, sinalou defendendo o valor dos educadores por riba das empresas concesionais.

Preguntoulle ao edil de Cultura por unha data concretaria para a continuidade do programa de Lecer, ademais de demandar un soldo xusto, e información sobre a cesión do contrato por parte de Serviplús. Tamén pediron a revisión do convenio, e que se valore o convenio de eventos, como coherencia da dependencia do IMCE. “Esiximos prazos concretos e solucións inmediatas”, sinalou Beatriz Álvarez nesta internveción no escano cidadán:

Gonzalo Castro repetiu que se ten tramitado a cesión da débeda dos profesionais, e tamén aos autónomos, un total de 73

unha vez solventada a parte máis importante, sobre a data de inicio do programa 2026, “non podo dar unha data concreta”, pero “é cuestión de días, non de meses”.

Asegurou ademais que están a valorar xuridicamente establecer un novo pliego onde se poidan fixar certas condicións laborais e retributivas

Máis novas

O conflito no programa de Lecer dá outro salto pero segue no aire e o profesorado convoca unha cacerolada

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Docentes e usuarios defenden o Programa de Lecer nunha reivindicativa ”aula aberta” en María Pita

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

O persoal das Escolas Deportivas Municipais presentou 1.500 sinaturas e reivindicou as súas demandas no escano cidadán

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here