InicioA CORUÑAO conflito no programa de Lecer dá outro salto pero segue no...

O conflito no programa de Lecer dá outro salto pero segue no aire e o profesorado convoca unha cacerolada

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non se dá resolto o problema laboral do profesorado do Programa de Lecer, nin os seus cursos culturais do Fórum e Ágora. Pero ten dado un paso adiante cara a súa solución. Informábamos a semana pasada que neste caso o Concello non pode rescatar o programa como si fixo coas Escolas Deportivas Municipais,  ficando, dalgún xeito, refén da empresa adxudicataria. Unha empresa, Serviplús, que leva acumulando débedas cos traballadores e incumplindo as condicións do contrato, á que o Concello lle ofreceu: renunciar ao contrato, para poder asumir a xestión e contratar outra empresa; ou aceptar o plan de cesión da débeda para que o Concello poida ser o que abone os retrasos. Finalmente a empresa acepta a cesión da débeda pero non renuncia ao contrato, polo que o Concello será o que abone as débedas utilizando fondos retidos do pago dos servizos da concesión.

Fontes municipais aseguran que, unha vez que Serviplús xa non organizará os cursos, en breve lanzarán a oferta dos cursos (que xa deberían ter comezado hai un mes), coa xestión doutra empresa.

En paralelo afirman estar redactando uns novos pliegos de contratación tanto para o Programa de Lecer como para as Escolas Deportivas Municipais, agora restacadas temporalmente durante este semestre.

Protestas do profesorado

O profesorado, farto de idas e vidas, ten preparadas varias accións para estes días: mañá xoves vai acodir ás 9:30h a María Pita, para realizar unha cacerolada mentres esperan aos membros do goberno municipal que teñen pleno. Animan a toda a cidadanía a participar na cacerolada, porque en realidade, os perxudicados tamén as máis de 3000 persoas usuarias do programa.

Ademais, no propio pleno, PP e BNG presentaron diferentes mocións para tratar o asunto con profunidade e unha representante dos traballadores volverá usar o Escano Cidadán, como xa fixo en novembro.

 

Máis novas do caso

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

 

O persoal das Escolas Deportivas Municipais presentou 1.500 sinaturas e reivindicou as súas demandas no escano cidadán

 

ÚLTIMAS

O #Aquítaménsefala tamén leva un premio da Real Academia Galega

Segue cambiando a historia da lingua galega a mocidade do IES Rafael Dieste. O...

Investigan como morte violenta o falecemento dun home cunha ferida de arma branca nos Rosais

Un home faleceu este mediodía na Coruña por unha ferida de arma branca no...

Os Horrores na Coruña

O sábado fomos ao concerto dos Horrors, dentro da programación das Noites do Porto....

Elas tamén son Artistas

O noveno ciclo metropolitano pola Igualdade Elas Son Artistas retoma a súa actividade con...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here