InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOIzan Voluntario convoca este sábado, dende o Orzán, limpezas de praias en...

Izan Voluntario convoca este sábado, dende o Orzán, limpezas de praias en toda España

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Izan Voluntario leva dous anos limpando areais de toda Galicia. A través das redes (el é @voluntariolimpiezagalicia) leva organizando sesións de limpezas colectivas coas que elimina toneladas de lixo plástico do noso litoral, e conciencia sobre o respecto á natureza.

Veciño de Monte Alto, cando coñeceu a praia de Gandarío quedou prendado, e comezou a ir en segredo a limpala. Pero cando a cousa saltou ás redes decidiu compartir estas accións e facelas máis abertas co obxectivo de retirar residuos, visibilizar o problema da contaminación e fomentar unha implicación real da cidadanía no coidado da contorna..

Este sábado prepara unha xornada de limpezas simultáneas por toda España co título “Queremos facer o cambio”. “Queremos facer o cambio non é só un lema, é unha chamada á acción. Pequenos xestos colectivos xeran grandes transformacións e demostran que a protección dos mares e os ríos son unha responsabilidade compartida”, sinalan desde a organización.

Hai accións organizadas por colectivos ambientais e grupos de voluntariado en praias como a de Traba de Laxe (con Mar de Fábula), a Praia de Malpica (Limpocean), o río Tajo (en Talavera de la Reina con Verdebora), o río Miño (en Toén con SondeOU), na contorna da Torre de Hércules ou na Praia de San Amaro, onde participarán tamén submarinistas voluntarios da escola Buceo Galicia en labores de limpeza do fondo mariño. A estas localizacións súmanse as accións impulsadas por Ecoloxistas en Acción en Vigo, na praia da Calzoa, así como unha nova limpeza prevista en Redondela, actualmente pendente de concretar.

Pero as citas centrais, as organizadas polo propio Izan e Surfrider, serán as da a Praia do Orzán e de Riazor. A quedada será ás 11:00 na fonte dos surfistas.

Para colaborar só é necesario acudir con roupa guantes, cómoda e ganas de contribuír á mellora e conservación dos ecosistemas naturais. As persoas que estean interesadas en participar poden apuntarse en @voluntariolimpiezagalicia ou por correo izanvoluntario@gmail.com.

Limpeza de praia con Izan no Orzan

Máis novas

A “movida” medioambiental de San Amaro que reinserta e conciencia

ÚLTIMAS

Interceptan a un vehículo en Monelos que se deu á fuga tras protagonizar un atropelo

A Policía Local interceptou este martes en Monelos a un vehículo na Coruña tras...

O TSXG confirma a sanción de case 200.000 euros a Prezero pola crise do lixo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Noveno día de paro dos autobuses na Coruña sen avances e coa ameaza de folga indefinida no ar

O persoal do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña rexistrou unha...

Sete detidos nun operativo contra o narcotráfico na Coruña e o Salnés

Axentes da Policía Nacional, a Garda Civil e do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA)...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here