InicioBARRIOSPiden medidas perante a presenza da procesionaria no parque de Santa Margarida

Piden medidas perante a presenza da procesionaria no parque de Santa Margarida

Publicada o

Por Redacción

Todos os anos por estas datas, as pequenas familias da ouruga procesionaria do piñeiro baixan das polas e percorren as rúas do parque de Santa Margarida. Este lepidóptero defoliador (Thaumatopoea pityocampa), que se alimenta durante a maior parte do seu ciclo biolóxico das follas dos piñeiros.

A súa proliferación, refire Jorquera, está a xerar unha importante preocupación social, nomeadamente polo perigo que representa non só para a masa forestal -a praga pode provocar a morte dos piñeiros-, mais tamén para os animais de compañía e até para as crianzas.

De aí que que o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo escrito por medio do cal insta o Goberno Local a que tome medidas perante a “crecente presenza” do lepidóptero coñecido como procesionaria do piñeiro no Parque de Santa Margarida.

Con este rogo escrito o BNG empraza o Goberno Local a que nos traballos de mantemento da masa arbórea do Parque de Santa Margarida “se teña presente a presenza de procesionaria do piñeiro e se articulen decontado os protocolos necesarios para evitar quer a súa extensión quer os problemas de saúde pública que da súa presenza se poidan derivar, mesmo sen desbotar a debida sinalización informativa dirixida á veciñanza que cada día desfruta deste importantísimo espazo público da cidade”.

Fotografía da procesionaria do piñeirio tomada no Parque de Santa Margarida esta semana
Fotografía da procesionaria do piñeirio tomada no Parque de Santa Margarida esta semana

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno vincula os altercados da noite con “un grupo radical moi reducido” e apoia a actuación policial

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu a un "grupo moi reducido"...

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

Moverse na aula favorece a resposta do alumnado con TDAH

Esa é a conclusión á que ten chegado Carlos Iván Blanco Casal, profesor do...

Un pequeno grupo provocou altercados na Coruña ao remate da manifestación contra “a represión policial” nos disturbios tras o acto de Abascal

As protestas convocadas na tarde deste mércores na Coruña en contra da "represión policial"...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here