InicioCULTURASés realiza dous concertos esta fin de semana no Colón para arincar...

Sés realiza dous concertos esta fin de semana no Colón para arincar a xira do seu novo disco

Publicada o

Por Redacción

A cantante e compositora Sés dá inicio esta fin de semana á súa nova xira galega coa celebración de dous concertos consecutivos na Coruña, os días sábado 10 e domingo 11 de xaneiro, ambos ás 20:30 horas no Teatro Colón.

A artista presentará en directo o seu novo libro-disco Nadando na incerteza, un traballo que marca unha nova etapa creativa e que está a ter unha excelente acollida por parte do público. Proba diso é que o concerto do sábado 10 esgotou practicamente todas as entradas con máis dun mes de antelación, o que motivou a apertura dunha segunda data o domingo 11.

Estas dúas actuacións serán as primeiras paradas da xira de 2026, cun directo centrado na palabra, na emoción e na forza interpretativa que caracterizan a Sés. As entradas para o concerto do domingo 11 están dispoñibles a través de Ataquilla.com.

Con nove discos publicados e unha traxectoria marcada pola independencia creativa, a herculina/bergantiñana María Xosé Silvar é unha das voces imprescindibles da música galega contemporánea, cun público fiel que a acompaña dentro e fóra do país.

Máis novas

“Nadando na incerteza”, o novo disco da “cantora” Sés, xa nas plataformas

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

ÚLTIMAS

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here