InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA licitación do novo contrato de xestión da planta de Nostián a...

A licitación do novo contrato de xestión da planta de Nostián a 25 anos incluirá a súa remodelación

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar unha demanda histórica: vén de asinar a saída a concurso do contrato correspondente á remodelación e xestión da Planta de Tratamento de Residuos de Nostián.

Unha planta, pioneira en Galicia pola súa aposta pola recollid selectiva e a reciclaxe real,  contraria ao modelo de incineración que funciona en SOGAMA, cuia concesión leva caducada dende 2019. Dende aquela, a planta situada ao carón da cala de Bens, segue operando agravando unha problemática laboral e de medios tremendamente preocupante, provocada pola falta de investimentos e a devaluación dos soldos xerada por esa situación de traballar 5 anos co contrato en precario.

A nova licitación incluirá un contrato de 25 anos, cun valor estimado de case 585 millóns de euros e un orzamento anual inicial de 9,5 millóns, conforme ao estudio de viabilidade: os dous anos iniciais serían de transición, coa explotación da instalación actual, e os 23 restantes xa se levarían a cabo coa planta renovada e remodelada.

Porque o contrato inclúe unha remodelación integral da planta, que correrá a cargo da contratista, pero coas premisas municipais, e das achegas do persoal da planta. Entre elas, o acondicionamento dos viais; o aumento das prazas de estacionamento, con teitos e sistemas gratuítos de recarga para híbridos e eléctricos; novos vestiarios e adaptación das edificacións administrativas e os talleres; novas zonas de almacenamento para os productos recuperados no procesado; e o acondicionamento de máis áreas para voluminosos.

A isto sumaranse os investimentos estipulados nos pregos tanto a mediados do contrato como xa na recta final do mesmo: nos anos 10 e 19 da concesión deberán xustificarse melloras por valor de 2,5 e 5 millóns de euros, respectivamente.

 

Un novo punto limpo móbil

Ademais da planta de tratamento, a planta de lixiviados e o vertedoiro clausurado, o contrato tamén fai fincapé na xestión dos puntos limpos.

A Coruña conta actualmente con catro puntos limpos fixos: dous, específicos para o sector industrial, a carón dos polígonos de Pocomaco e Agrela; e os restantes, de achega voluntaria, nos Rosais e Eirís.

A isto súmase a existencia dun punto limpo móbil, ao que se sumará outro máis ao abeiro deste novo contrato.

 

Máis novas sobre Nostián

Os traballadores de Nostián: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só se actualizarán cunha nova concesión”

“Sempre pendulou sobre Nostián a sombra da incineración”

Que opinan PP e BNG da condonación e licitación da xestión da planta de Nostián?

ÚLTIMAS

Os médicos da Atención Primaria renovan a folga da sanidade pública ante a falta de diálogo da Xunta

Levan un mes esperando despois da nova convocatoria de folga. Pero a falta de...

As ANPAs da Coruña uniranse o 28 de febreiro nunha manifestación común

Son numerosas as diferentes comunidades escolares que levan todo o curso mobilizándose pola falta...

O BNG esixe a convocatoria do Padroado da Fundación Luís Seoane para abrir o novo concurso

Xa pasaron máis de dous meses dende que un Padroado de mínimos acordase a convocatoria...

Inés Rey carga contra a Xunta polo estado dos colexios: “Os nenos móllanse porque non exercen as súas competencias”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, elevou este luns o ton contra a Xunta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here