InicioECONOMÍAOs taxistas volven colapsar a cidade para esixir unha ordenanza sobre os...

Os taxistas volven colapsar a cidade para esixir unha ordenanza sobre os VTC

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A xornada de paro dos taxistas vén de colapsar a entrada da cidade. O colectivo critican a deixadez do goberno municipal para cos Vehículos de Transporte con Condutor, (VTC) apenas un par de meses despois da aprobación en pleno da nova ordenanza de mobilidade que esqueceu incluír as normativas sobre estes vehículos.

Tralas mobilizacións de novembro, un cento de taxis volveron cortar a circulación na entrada da cidade por Alfonso Molina, chegando a Linares Rivas, Praza de Ourense e continuando ata o Parrote, onde farán unha concentración.

O colectivo critica a “deixadez” do goberno municipal con estas operadoras privadas, que están realizando viaxes dentro da cidade cando a ordenanza autonómica (a única vixente na cidade) só lles permitiría realizar viaxes interurbanos.

Manifestacion Taxistas VTC Coruna

A chegada de Bolt axitou unha situación que xa levaba quente dende que Cabify e Uber chegaron á cidade en 2018. Dende aquela, o goberno municipal non se formulou a ordenación do servizo, como lle lembra o BNG, que leva dous meses solicitando, sen resposta, unha reunión co goberno socialista para “sentar a falar sobre a ordenanza que debe regular como deben operar os VTC dentro do termo municipal”.

Tamén o Movemento Sumar Coruña lembra que “As plataformas VTC seguen avanzando mentres as administracións responsables non actúan”, en relación ao Concello e tamén á Xunta. “Non hai ordenanza nin medidas efectivas, só anuncios que quedaron en titulares mentres os taxistas continúan sufrindo competencia desleal no seu propio ámbito de traballo”, lembran.

Manifestacion Taxistas VTC Coruna

“Do que se trata é de facer cumprir a lei”, reclamou o portavoz do colectivo, Juan Carlos Sambad, en declaracións a Europa Press, tras denunciar que “agora mesmo son preto de cen as licenzas de VTC que están a operar sen ningún tipo de control na cidade”.

Neste sentido, apuntou ás “diferenzas” nas medidas tomadas polo consistorio de Vigo. “Alí actúase, aquí non”, denunciou tras explicar que na cidade olívica crearon un “apartado especial dentro do corpo da Policía local para perseguir as actividades irregulares das VTC”.

 

Máis novas

A conxelación de taxas e os VTC protagonizan o pleno de novembro na Coruña

O PP lémbralle a PSOE e BNG que esqueceron regular os VTC na recén aprobada ordenanza de mobilidade

 

ÚLTIMAS

A Coruña homenaxea a Joaquín Martín Martínez, secretario municipal fusilado en 1936 por defender a democracia e a liberdade

O Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL) xunto co...

1 millón de sementes de ameixa babosa para recuperar o marisqueo da ría do Burgo

Máis vale tarde que nunca. E despois de anos de pelexas, os mariscadores da...

Interceptado en Culleredo un mozo que conducía sen carné, sen seguro, sen ITV e tras beber

A Policía Local de Culleredo interceptou este pasado venres un veciño de Cambre de...

Dous voos con destino a Coruña desviados pola néboa

Un voo con destino A Coruña procedente de Madrid tivo que ser desviado a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here