InicioMOV. SOCIAISPrimeira xornada de folga na Sanidade galega aderezada do "colapso grave e...

Primeira xornada de folga na Sanidade galega aderezada do “colapso grave e sostido” no CHUAC

Publicada o

Por Redacción

Máis de 10.000 sanitari@s están convocad@s polo sindicato O’Mega hoxe mércores e mañá xoves a unha folga. Todo ademais dun contexto de “colapso” como denuncia a Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). “O Servizo de Urxencias continúa nunha situación de colapso grave e sostido, unha realidade que xa afecta a todo o complexo hospitalario e que pon de manifesto a incapacidade da xerencia e do SERGAS para dar resposta á demanda asistencial existente”, denuncian dende o Comité.

Denuncian que “esta situación non é un feito illado nin puntual, senón a consecuencia directa dunha falta estrutural de medios e de planificación no conxunto do sistema sanitario público, especialmente na Atención Primaria. A carencia de recursos neste primeiro nivel asistencial provoca unha sobrecarga nos PAC´s e nas urxencias hospitalarias”.

No CHUAC, esta sobrecarga tradúcese en:

  • ausencia de camas dispoñibles para ingresos,
  • colapso permanente das Urxencias
  • adopción de medidas excepcionais totalmente insuficientes, como po exemplo o peche da unidade de trauma para ingresar doentes procedentes de Urxencias.

“Estas decisións non resolven o problema de fondo e provocan que o colapso se estenda a outras áreas asistenciais, poñendo en risco a calidade da atención e a seguridade dos pacientes”, critican.

A situación está a ter un impacto directo nas condicións das profesionais do CHUAC, sometidas a unha “sobrecarga extrema, con cadros de persoal claramente insuficientes e cun desgaste físico e emocional cada vez maior”. Ao mesmo tempo, “a xerencia coa súa xestión vulneranse de maneira reiterada os dereitos das persoas doentes, que reciben asistencia en condicións impropias dun hospital público de referencia”.

Así, a Comisión de Centro do CHUAC esixen á xerencia e á Consellería de Sanidade que “deixen de aplicar parches e adopten medidas urxentes e estruturais, reforzando de maneira inmediata a Atención Primaria, incrementando as camas de hospitalización e dotando aos centros de persoal suficiente en todas as categorías. Sen unha aposta real pola Atención Primaria, tal e como alertan os propios coordinadores de Urxencias, o colapso seguirá cronificándose”.

Máis novas

O’Mega chama á folga a máis de de 10.000 sanitarios en Galicia

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

ÚLTIMAS

O Festival #Aquítaménsefala colle sona internacional

Non deixa de medrar a campaña #Aquítaménsefala, convertida xa nun referente europeo da dinamización...

‘Nin alugueres polas nubes nin salarios polo chan’, protesta na Coruña para esixir o fin da especulación urbanística

A Plataforma Polo Dereito á Vivenda convocou unha manifestación este sábado, día 6, na...

Paraugas e sinaturas para quecer a manifestación polos Murais de Lugrís

Contan as horas as entidades da cidade máis preocupadas polos murais de Urbano Lugrís...

O porto da Coruña recibe este mércores catro cruceiros simultáneos con máis de 14.000 persoas

O porto da Coruña rexistrará este mércores unha das xornadas máis intensas da tempada...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here