InicioA CORUÑAO eclipse a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, as...

O eclipse a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, as liñas turísticas que o Concello presenta en FITUR

Publicada o

Por Redacción

O Concello da Coruña non faltou a FITUR. Sen a involucración do ano pasado, pero coa idea de presentar as liñas estratéxicas municipais, o Concello presentou a estratexia e a programación turística e cultural da Coruña para este ano en Fitur: o exli. Fíxoo nun acto celebrado en IFEMA, no posto de Galicia, que contou coa presenza de destacadas autoridades e cargos dos sectores turístico e cultural a nivel nacional: o eclipse do 12 de agosto, e a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO.

Coruna en FITUR
Presentación do Concello da Coruña en FITUR

O lema: ‘A Coruña, CidadEclipse’

A Coruña presentouse nesta feira como o mellor lugar de Europa onde observar a eclipse total de sol do 12 de agosto, feito que reforza a celebración na cidade de dous importantes
congresos astronómicos nesa semana: Third Solar MHD Conference e New Frontiers in Cosmology. O Concello traballa xa en múltiples accións arredor da eclipse a través dunha
comisión de seguimento que implica a diferentes áreas municipais.

Foi o xerente do Consorcio de Turismo da Coruña, Antón Álvarez, o que anunciou a campaña baixo o lema ‘A Coruña, CidadEclipse’, na que se organizarán exposicións, charlas divulgativas, accións culturais e crearanse puntos de observación de cara a este acontecemento histórico, que non se vive na cidade desde 1905 e non se repetirá ata o ano 2180.<&p>

O 12 de agosto habilitaranse puntos de observación no Portiño, Parque de Bens e Monte de San Pedro, para os que se deseñará un dispositivo de tráfico especial con aparcamentos disuasorios. Tamén haberá puntos especiais de observación en cada distrito da cidade e un punto accesible para as persoas con mobilidade reducida. Haberá ese día unha programación cultural especial, con actuacións da orquestra Os Satélites e a Banda Municipal de Música, que ofrecerá un concerto especial, interpretando bandas sonoras de películas con temática espacial.

A Coruña, candidata á Rede de Cidades Creativas da UNESCO

Por outra banda, Gonzalo Castro anunciou durante o acto que A Coruña é candidata para formar parte da Rede de Cidades Creativas da UNESCO, no eido do cinema e audiovisual.
A Rede de Cidades Creativas da UNESCO (UNESCO Creative Cities Network – UCCN) é un programa da UNESCO creado en 2004 que reúne cidades de todo o mundo que recoñecen a creatividade e as industrias culturais como factores estratéxicos para o desenvolvemento urbano sostible, inclusivo e innovador.

Visitantes

Durante o acto tamén se fixo balance dos principais indicadores turísticas do 2025 na cidade da Coruña, resultando un crecemento do 20% no número de
visitantes estranxeiros e un 12,8% no turismo interno. Tamén aumentaron os índices de ocupación hoteleira, cun aumento do 12,43% en viaxeiros e un 13,3% en pernoitas. Medran
tamén as cifras de escalas de cruceiros, concretamente un 42% entre 2023 e 2025.

ÚLTIMAS

Cambian a arboreda de Ramón del Cueto

Arrincou hoxe o programa de substitución das árbores da rúa Ramón del Cueto, ao...

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

O CITIC da UDC será a sede para unha conferencia sobre o enfoque científico-práctico para “a IA verde”

O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) acollerá o...

Un trailer queda atrancado no medio das Xubias

Un camión de grandes dimensións provocou danos en varias casas tras quedar atrapado no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here