InicioA CORUÑAO pleno da Coruña aproba de forma definitiva un orzamento de 375...

O pleno da Coruña aproba de forma definitiva un orzamento de 375 millóns

Publicada o

Por europapress

O pleno da Coruña aprobou, de forma definitiva (cos votos a favor do PSOE e BNG, e os votos en contra do PP) un orzamento de 375 millóns para este ano, con “unha importante aposta polo investimento”, aseverou o portavoz do goberno local, o socialista José Manuel Lage, que destacou as destinadas ao ámbito social.

O pleno, que tiña o único punto da orde do día, comezaba enviando unha aperta ao edil Roberto Rodríguez e ao deputado Gonzalo Trenor, que sufriron un accidente hai pouco.

Lagte Tuñas destacou que as contas permiten dedicar “máis fondos para garantir o escudo social e os investimentos nos barrios”, e agradeceu o compromiso do BNG,

Á súa vez, o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, explicou por que foron atendidas parcialmente as alegacións presentadas polas asociacións Elviña 2 Fases e IAR do Castrillón.

Jorquera sinalou que se trata de “un bo orzamento” que atende “as principais prioridades”, “como reforzar as políticas de vivenda no que é competencia do concello, priorizar o investimento nos barrios e asegurar dotación para regularizar servizos públicos que se prestan con contratos en precario”.

Ambos os grupos, xa na aprobación inicial previa a esta sesión plenaria extraordinaria destacaron as actuacións previstas en barrios, en materia de mobilidade ou o reforzo de seguridade e emerxencia. A iso, sumaron a licitación do novo servizo de transporte urbano, medidas para impulsar vivenda ou o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar.
O BNG destacou ademais as medidas en favor da lingua e da cultura galega, con partidas para manter as accións xudiciais para recuperar a Casa Cornide e para aplicar a Lei de Memoria Democrática.

“Estes orzamentos tiñan que estar en vigor o 1 de xaneiro”, reprochou o portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo, que manifestou que se recortan “nun 1,15%”. “Non nos chamaron”, aseverou tamén para denunciar, á súa vez, falta de diálogo e tamén que non “se atiendese ningunha das alegacións formuladas” por este grupo.

Máis novas

A Coruña aproba un orzamento de 375 millóns para 2026, con acordo de PSOE e BNG e denuncias de “inexecución” do PP

ÚLTIMAS

Os médicos manteñen as moblizacións por un convenio propio mentres avanzan as negociacións coa Xunta

O sindicato O'Mega mantén o calendario de folga e de mobilizacións para conseguir un...

Xa hai datas para as inscricións nos campamentos municipais de verán

Presentou hoxe o Concello da Coruña o programa dos necesarios Campamentos municipais de Verán....

Preguntan pola normalización do topónimo da empresa pública EMALCSA

A normalización do topónimo da cidade no Real Club Deportivo de A Coruña, conseguida...

Grande Amore abrirá o concerto de Carolina Durante no Coliseum da Coruña o 12 de decembro

A banda galega Grande Amore será a encargada de abrir o concerto de Carolina...