InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOIzan Voluntario convértese en @arena.limpia

Izan Voluntario convértese en @arena.limpia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A iniciativa ambiental “Izan Voluntario “levou a cabo a súa última limpeza de praias antes de comezar unha nova etapa baixo o nome @arena.limpia. A acción tivo lugar na praia de
Gandario, onde o comprometido protagonista e outros 3 voluntarios, recolleron aproximadamente 140 quilos de residuos, ademais de numerosas cordas de batea, moitas delas sen posibilidade de ser pesadas debido á súa volume.

O grupo quere agradecer a REFIX polas bebidas ofrecidas ás persoas voluntarias e a Surfrider por facilitar o material necesario para a limpeza.

Dende a organización queremos destacar e agradecer de forma especial a Yago López Solórzano, pola súa paixón, implicación e compromiso constante coa protección do Medio ambiente.
Esta limpeza non só marca un peche, senón tamén un novo comezo. Co cambio de nome a Arena Limpia, o proxecto reafirma o seu compromiso coa conservación de as nosas costas e coa concienciación ambiental.
“Porque os mozos somos o futuro e somos, tamén, a xeración da rexeneración”, sinalan

Izan e unha marea de voluntari@s retirou 150 kg de lixo da area de Riazor

ÚLTIMAS

Os medios en galego seguen vivos 150 anos despois

Ata Ourense desprazáronse os membros da Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que...

Novo corte ferroviario na Coruña tras un roubo de cable

Un roubo de cable obrigou a interromper a circulación nun tramo da rede ferroviaria...

Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores

O Teatro Jofre de Ferrol acolleu este pasado sábado a IX edición dos Premios...

Apolo18, a nova banda herculina que rompe cos sons reinantes na Xeración Z

Levan apenas un ano e medio como formación e xa están copando titulares das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here