InicioCULTURAAs coplas máis simpáticas, as de Monte Alto a 100, Pantaleón e...

As coplas máis simpáticas, as de Monte Alto a 100, Pantaleón e Os Maracos

Publicada o

Por Redacción

Arrincou este sábado o programa do Antroido da Coruña coa celebración no Palacio da Ópera do tradicional concurso de comparsas na modalidade de música e letra. O humorista galego David Amor foi, un ano máis, o encargado de conducir a cerimonia, na que participaron oito comparsas. Amigos da Xoldra, Malandros, Melandrainas, Montealto a 100, Os Maracos e Pantaleón, ás que se sumaron Badabum Sorpresa e Os Kilomberos de Monte Alto —estas dúas, fóra de concurso— fixeron rir a todo o publico coas súas simpáticas coplas.

As máis aclamadas a da comparsa Monte Alto a 100, que gañou o primeiro premio, sendo segundo premio para Pantaleón e o terceiro para Os Maracos.

Entroido Coruna comarsas
As tres comparsas gañadoras

Como gañadora deste concurso, a comparsa Monte Alto a 100 interpretará en directo as súas dúas cancións deste certame no acto de entronización do deus Momo, que terá lugar o venres 13 de febreiro no Campo da Leña (21.00 horas).

O xurado estivo integrado pola alcaldesa, Inés Rey,  Ana Canosa, traballadora do IMCE, como secretaria, e catro vogais: Laura Seoane, directora do IMCE, Juan Miguel Romero Llopis, director da Banda Municipal de Música, Elena Umbría, directora da Escola Municipal de Música, e Lara Fernández, xornalista de El Ideal Gallego.

O programa completo:

As choqueiras Isa e Bego, protagonistas do Antroido da Coruña 2026

Os Maracos xa teñen a súa lousa no Andar do Antroido da rúa da Torre

Os Malandros levaron o premio do Concurso de Comparsas do Antroido coruñento

ÚLTIMAS

PP e BNG censuran no pleno a xestión do goberno local da Coruña tras renunciar á sede do Mundial 2030

Os grupos da oposición no Concello da Coruña, PP e BNG, cargaron este venres...

O barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero xa á venda, da Maestranza

Resulta paradóxico que unha promotora inmobiliaria estea xa promocionando a venda de pisos dunha...

Nova homenaxe ao heroes do Orzán

A Xefatura Superior de Policía de Galicia realizou este venres unha homenaxe aos 'heroes...

Ata Beethoven trae doazóns para o Banco de Alimentos

Gran éxito o colleitado na conferencia-concerto "Unha tarde con Beethoven". Unha iniciativa artellada polo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here