InicioBARRIOSO barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero...

O barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero xa á venda, da Maestranza

Publicada o

Por Redacción

Resulta paradóxico que unha promotora inmobiliaria estea xa promocionando a venda de pisos dunha hipotética urbanización que ten unha denuncia aínda pendente de resolución.

Así acontece co proxecto urbanístico do Campo da Estrada-Maestranza, en plena Cidade Vella. O estudo de detalle da parcela urbanizable está pendente da resolución do Tribunal Superior de Xustiza trala denuncia da Plataforma Defensa do Común pola posible afectación a unha das murallas históricas da cidade. E mesmo a licenza municipal, tamén levada ao TSXG tamén está aprobada cos condición de eficacia diferida, é dicir, só se poderá executar, só se poderá comezar as construír cando resolva o Tribunal.

Con todo as promotora xa está vendendo os seus pisos de luxo nas principais plataformas. 

Pisos que parten de 290.000 para baixos de 1 dormitorio, pero que para os de 2 e 3 habitacións xa están entre os 520.000 e os 725.000€.

Esta situación creou un espazo de preguntas e dúbidas en toda a contorna do barrio. E por iso, a Plataforma cidadá Defensa do Común, e a asociación de representación veciñal do barrio, aclararán a situación nun acto informativo sobre a situación actual e os impactos futuros da urbanización o vindeiro martes, día 31, a partires das 19:30 h., en Portas Artabras (Sinagoga 22).

Proxecto Urbanistico A Maestranza 2

A modo de anticipo, Defensa do Común indica que “todos os trámites relacionados co Estudo de Detalle están concluídos e tan só falta coñecer a resolución final do TSXG”. Respecto á licenza, “indica que Lipromo prersentou un recurso de reposición contra a condición de eficacia demorada da licenza outorgada polo Concello, isto é, condicionada a que o TSXG resolvese o recurso de Defensa do Común, circunstancia que motivou un escrito por parte desta plataforma cívica ao Concello solicitando a denegación expresa da suspensión rerspecto da condición de eficacioa demorada que é o que pretende eliminar a promotora para iniciar os traballos”.

Finalmente, Defensa do Común pon especial énfase no feito de que “autorizar a construcción sobre terrenos catalogados como BIC representa un desprezo ao patrimonio de cidade histórica-monumental da Coruña ocultando mesmo a vista da silueta da cidade de orixe medieval dende o mar”.

Máis novas

A paralización da urbanización da Maestranza, “unha vitoria relevante”

 

ÚLTIMAS

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Case mellor imos a pé. --- ---- --- Buscando e recollendo datos sobre obras non catalogadas...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...

Silvio Rodríguez regresa a Galicia cun Coliseum esgotado e un repertorio entre clásicos e novas cancións

Silvio Rodríguez volverá este sábado 19 de setembro aos escenarios galegos cun concerto no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here