O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, demandou este martes dotar de “máis e mellores medios” á Policía Local, incluíndo a construción dun novo cuartel. Nunha comparecencia ante os medios, o líder popular avanzou que presentará dúas mocións no pleno deste xoves: unha para reclamar unhas instalacións “modernas e en condicións” para os axentes e outra para mostrar o seu apoio aos traballadores das concesionarias municipais, solicitando melloras na súa situación laboral.

