InicioA CORUÑA"Os nenos dan clase con caldeiros de auga", denuncian pais do CEIP...

“Os nenos dan clase con caldeiros de auga”, denuncian pais do CEIP Wenceslao Fernández Flores

Publicada o

Por europapress

Familiares dos menores que cursan estudos no CEIP Wenceslao Fernández Flórez da Coruña secundaron unha protesta ante o centro para esixir unha solución ante os problemas de filtracións de auga que existen nas instalacións e que cada día, sinalan, agrávanse  “debido á situación meteorolóxica dos últimos meses.

Así o expuxo, en declaracións a Europa Press, Noemí González, membro da ANPA, quen explicou que cando regresaron das festas de Nadal desde o colexio informóuselles que estaba “a entrar auga”. “A partir de ahi os nenos empezaron a dar clase con caldeiros dentro”, indicou para asegurar que nunha das aulas teñen que colocar tamén toallas. Estes problemas existen tamén, engadiu, no patio interior ou na sala de usos. A iso suma, “xanelas carcomidas ou que non pechan pola humidade”, o mesmo, asevera, que ocorre con algunhas portas.

Isto afecta a nenos e nenas con problemas respiratorios, a parte da insalubridade“, recalca para explicar que ata agora non tiveron unha resposta nin por parte da Xunta nin por parte do Concello da Coruña. En alusión ás declaracións a medios de comunicación, lembrou que a alcaldesa herculina, Inés Rey, “dixo que mandara escrito á Xunta”, apuntou en relación á demanda sobre que actuacións deste tipo corresponden, incidiu a rexedora, á Administración galega.

Non nos vale, necesitamos respostas firmes“, insistiu para reclamar que se faga unha revisión do centro e adoptar medidas urxentes. Neste sentido, avanza que seguirán protestando.

ÚLTIMAS

A AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos

"Como é posíbel que o propio Concello chame “parque” ao espazo que vén de...

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

A pesar das peticións dos docentes, e das promesas do edil de Cultura, o...

Novo Mesoiro estrea o seu novo parque deportivo

Necesaria era outra nova infraestrutura deportiva nun barrio de familias novas como Novo Mesoiro....

Reabre o parque infantil de Puga e Parga tras a renovación das zonas verdes e de xogos

Xa está aberto case na súa totalidade, para o desfrute dos nenos e nenas...