InicioA CORUÑA"Os nenos dan clase con caldeiros de auga", denuncian pais do CEIP...

“Os nenos dan clase con caldeiros de auga”, denuncian pais do CEIP Wenceslao Fernández Flores

Publicada o

Por europapress

Familiares dos menores que cursan estudos no CEIP Wenceslao Fernández Flórez da Coruña secundaron unha protesta ante o centro para esixir unha solución ante os problemas de filtracións de auga que existen nas instalacións e que cada día, sinalan, agrávanse  “debido á situación meteorolóxica dos últimos meses.

Así o expuxo, en declaracións a Europa Press, Noemí González, membro da ANPA, quen explicou que cando regresaron das festas de Nadal desde o colexio informóuselles que estaba “a entrar auga”. “A partir de ahi os nenos empezaron a dar clase con caldeiros dentro”, indicou para asegurar que nunha das aulas teñen que colocar tamén toallas. Estes problemas existen tamén, engadiu, no patio interior ou na sala de usos. A iso suma, “xanelas carcomidas ou que non pechan pola humidade”, o mesmo, asevera, que ocorre con algunhas portas.

“Isto afecta a nenos e nenas con problemas respiratorios, a parte da insalubridade“, recalca para explicar que ata agora non tiveron unha resposta nin por parte da Xunta nin por parte do Concello da Coruña. En alusión ás declaracións a medios de comunicación, lembrou que a alcaldesa herculina, Inés Rey, “dixo que mandara escrito á Xunta”, apuntou en relación á demanda sobre que actuacións deste tipo corresponden, incidiu a rexedora, á Administración galega.

“Non nos vale, necesitamos respostas firmes“, insistiu para reclamar que se faga unha revisión do centro e adoptar medidas urxentes. Neste sentido, avanza que seguirán protestando.

ÚLTIMAS

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

Máis de 300 persoas reuníronse este sábado en María Pita, para defender as Escolas...

A ANPA Zalaeta esixe información sobre as obras e anuncia unha nova concentración o 5 de outubro 

Desde o inicio do curso, a comunidade educativa do IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta está...

Volven preguntar pola inacción municipal na Fundación Luís Seoane

Pasan os meses pero nada acontece na Fundación Luís Seoane, dende que o Xornal...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra...