InicioA CORUÑAArena Limpia e GaliSurf retiran 250 quilos de residuos nunha limpeza dedicada...

Arena Limpia e GaliSurf retiran 250 quilos de residuos nunha limpeza dedicada ao surfistas do Orzán

Publicada o

Por Redacción

Despois de varios anos como Izanvoluntario, agora xa é @arena.limpia, pero coa mesma intención: seguir limpando o noso litoral.

Este domingo, a familia de amigos de Arena Limpia co apoio de GaliSurf, achegáronse á Praia do Orzán para realizar nha intensa xornada de limpeza ambiental dedicada especialmente á comunidade surfista, un dos colectivos máis vinculados ao mar durante todo o ano.

Durante a intervención retiráronse aproximadamente 250 quilos de lixo, nunha actuación que, segundo os participantes “parece non ter fin” .

Unha parte moi significativa dos residuos recollidos estivo composta por microplásticos, reflectindo o grave impacto deste tipo de contaminación no ecosistema mariño e nun dos areais máis emblemáticos da cidade.

Ademais dos residuos habituais, o equipo logrou extraer da auga un conxunto de nasas portuguesas ilegais, que xa foran detectadas anteriormente na zona e que, pese a ter sido retiradas en ocasións previas, volveran aparecer. Tamén se conseguiu sacar un bidón de grandes dimensións, que supuña un risco ambiental e de seguridade para os usuarios do mar.

A xornada estivo marcada polo compromiso e a implicación dos voluntarios, especialmente surfeiros, que non só gozan das ondas do Orzán senón que tamén asumen un papel activo na súa conservación.

Desde Arena Limpia Gali Surf faise un chamamento a reforzar a vixilancia fronte á pesca ilegal e a continuar promovendo accións de concienciación cidadá para protexer litoral coruñés.

Izan Voluntario convértese en @arena.limpia

Izan e unha marea de voluntari@s retirou 150 kg de lixo da area de Riazor

ÚLTIMAS

O Recorda Fest reúne na Coruña a Juan Magán, Hombres G e máis dunha vintena de artistas

A Coruña converterase esta fin de semana nun dos puntos de encontro da música...

O PP aberto a falar dos orzamentos municipais fronte a un BNG que descarta pactos

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, ofreceu...

Abre o prazo para as Escolas Deportivas Municipais e as actividades socioculturais dos centros cívicos

Comeza o mes de setembro e as Actividades deportivas O Concello abre este martes, día 1,...

A UDC reorganiza o seu goberno e crea unha vicerreitoría centrada na intelixencia artificial

A Universidade da Coruña iniciou unha nova etapa na organización do seu equipo de goberno...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here