InicioCULLEREDOOs choqueiros da Veiga desafiaron o chaparrón

Os choqueiros da Veiga desafiaron o chaparrón

Publicada o

Por Redacción

Segue afiandánzose a Romaría de San Blas de Veiga, o Entroido da Veiga, como un dos epicentros do entroido comarcal. Este luns congregou a numeroso público que gozou da creatividade e o humor dos concursantes. Nin choiva, nin vento: nada detivo aos choqueiros, que se apoderaron de Veiga para celebrar a festa máis xenuína do Entroido de Culleredo.

As celebracións carnavalescas desatáronse ao mediodía, despois da misa, cos acordes da orquestra Fania Blanco Show. A pesar de que a choiva non deu tregua, as ganas de festa e unha carpa fixeron que boa parte dos asistentes se esquecesen da auga.

Desfilaron soldaditos de xoguete e pinturas de cera, entre outros, pero a vencedora do concurso foi unha comparsa de galiñas confinadas. Unha señora montada nun singular carriño da compra mereceu o segundo premio a ollos do xurado, mentres que o podio completouno unha Estatua da Liberdade que portaba unha baliza V16.

Antes de dar paso á comida popular- con entradas esgotadas -, chegou a sátira. A Comisión de San Blas pasou revista á actualidade coa lectura do Testamento, unha serie de coplas humorísticas que espertaron as gargalladas do público.

Máis entroido

A programación carnavalesca do Concello de Culleredo continuará este martes con animación infantil e obradoiros nos centros O Noso Lar de Tarrío, o Centro Cívico de Sésamo e o Centro Social Ledoñés. Seguiralles o Centro Cívico Castelo este mércores. As actividades comezarán ás 17:00 horas.

Ademais, o mércores organizarase o obradoiro infantil “Entroido espacial” na biblioteca Miguel González Garcés. A axenda festiva continuará ata o sábado, co Entroido no Centro Cívico de Almeiras.

 

ÚLTIMAS

O comercio de alimentación da Coruña ameaza con levar a folga ao Nadal

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este martes na...

A IX edición de INTERSECCIÓN reúne 27 filmes de 22 países en cinco días

Xa está marcha INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, cunha completa programación...

O Concello da Coruña abre este martes a inscrición para a súa Escola de Participación con 400 prazas

O Concello da Coruña abre este martes o prazo de inscrición para unha nova...

A UDC acolle unha das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here