InicioA CORUÑAA incidencia da folga sanitaria supera o 82% en hospitais

A incidencia da folga sanitaria supera o 82% en hospitais

Publicada o

Por Redacción

Continúa avanzando a folga dos sanitarios en toda España. Unha folga de médicos e facultativos convocada a nivel estatal para reclamar do Ministerio de Sanidade negociación dun estatuto propio para a profesión, e que alcanza esta mañá un 83% nos hospitais e roza o 30% nos centros de saúde dependentes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Ademais, centenares de médicos concentráronse hoxe, ás once da mañá, ante os principais hospitais da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo e Ourense e mañá farano en Ourense, Santiago, A Coruña e Lugo.

Novas concentracións

O ‘ Mega, o sindicato médico máis representativo en Galicia e a única organización sindical galega que forma parte do comité de folga estatal, convocou tamén para o venres concentracións de médicos e facultativos ante os hospitais de Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense.

O sindicato maioritario entre os médicos e facultativos galegos mantén tamén para o 2 de marzo convocatoria de folga indefinida para esixir da Xunta un plan de choque que permita desconxestionar a Atención Primaria e reducir as listas de espera en Galicia.

Máis novas do conflito

Gran seguemento á folga sanitaria nos Hospitais e menor nos Centros de Saúde

Os médicos convocan folga indefinida dunha semana cada mes, para reclamar un estatuto propio

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here