Representantes da comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro da Coruña concentráronse este xoves ás portas do colexio en protesta polo “estado de abandono das instalacións” da escola. Baixo o lema ‘Un cole accesible é indiscutible’, a mobilización, informaron representantes dos alumnos e alumnas, continuou cun “corte simbólico” da rúa Pontedeume e da avenida de Arteixo, en ambos os sentidos, para “visibilizar unha situación que está a provocar problemas na accesibilidade do centro para as persoas con problemas de mobilidade, entre eles varios alumnos e alumnas”.
Desde a ANPA denuncian, entre outras incidencias, que “o ascensor do colexio atópase avariado, unha situación que supón unha barreira importante para a inclusión e a igualdade de acceso aos espazos educativos“. Ademais, apuntan que as instalacións “arrastran defectos estruturais desde hai tempo, sen que se lles deu unha solución definitiva”.
Por outra banda, a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro avanza que participará na manifestación convocada pola Federación de ANPAs da Coruña para o vindeiro sábado 28 ante a “situación de deterioración e falta de recursos que afecta á escola pública, as deficiencias en infraestruturas ou a falta de recursos humanos que sofren moitos centros da provincia”.
Anpas e Afas convocan unha gran protesta na Coruña contra os “parches” na educación pública
Máis novas sobre o Ensino Público
Outras novas das ANPAS

