InicioA CORUÑA8M.- A UDC conmemora o Día da Muller cun programa de exposicións...

8M.- A UDC conmemora o Día da Muller cun programa de exposicións e actividades formativas

Publicada o

Por europapress

A Universidade da Coruña (UDC) conmemorará o Día Internacional da Muller cun programa de actos, exposicións e actividades formativas, que podedes ollar dende a súa web.

Os actos institucionais centrais celebraranse o vindeiro venres, día 6, no campus de Elviña, e o día 9 no de Ferrol, explica.

A programación comezará, no entanto, antes. Será este mércores, día 4, nas facultades de Socioloxía e de Economía e Empresa e prolongarase ata o 12 de marzo cunha xornada na Escola Técnica Superior de Arquitectura.

A mesma inclúe desde exposicións, seminarios e charlas ata talleres infantile, todo iso, engade, co obxectivo de “impulsar o talento feminino”.

Ademais, o venres a Casa do Estudiantado acollerá o acto central coa lectura dun manifesto e a presentación dun balance sobre o plan de igualdade na UDC.

ÚLTIMAS

A Xunta convoca ao sindicato O’Mega para negociar tras 3 días de folga na Atención Primaria

Tiveron que pasar 3 días en folga nos Centros de Saúde, privando dun servizo...

O alumnado de FP Dual do Ánxel Casal que ten contra as cordas á Consellería

Está mobilizando a media Consellería de Educación un pequeno grupo de 10 alummnos do...

Os salvadores do CIS volven limpar o Areal da Torre

Volveu ao Areal da Torre o programa Entre Crebas, esa iniciativa da Asoc. Mar...

O festival ‘Imaxinaria’ converterá A Coruña no epicentro da animación internacional do 11 ao 15 de marzo

O Festival de Animación 'Imaxinaria' celebra unha nova edición do 11 ao 15 de...