InicioMOV. SOCIAISBioCultura convertiu ExpoCoruña no epicentro do movemento ecolóxico estatal

BioCultura convertiu ExpoCoruña no epicentro do movemento ecolóxico estatal

Publicada o

Por Redacción

Madrid, Barcelona e… A Coruña. Non é casualidade que a feira BioCultura faga parada anual, dende hai 8 anos, na nosa cidade. Porque Galicia é unha das comunidades con maior gasto en alimentos ecolóxicos de España, cunhas vendas de 113 millones de euros ao ano (uns 88€ de consumo per cápita, polos 66 do conxunto estatal) tendo ademais 1.410 de produtores locais.

De aí vén o arraigo desta proposta de posta en valor a importancia económica do mercado ecolóxico, con esta gran feira que encheu ExpoCoruña durante toda a fin de semana con . 135 empresas expositoras e máis de 120 actividades de alimentación ecolóxica, ecoturismo, cosmética ecocertificada, téxtil sostible, saúde natural… Arredor de 15.000 persoas pasaron por esta feira que este ano xa marida a cultura “bio” co ecoturismo, mundos paralelos, afíns e que se retroalimentan.

Un mar de propostas para unha sociedade nas antípodas dese mundo de destrución, contaminación, guerras, enfermidade e sinsentido polo que camiña o século XXI e ao que, desgraciadamente, nos estamos a habituar… Un Movemento Ecolóxico que aposta por un futuro sen pesticidas, sen cambio climático, con vida no rural, san, limpo, xusto e pacífico.

Encontros profesionais

BioCultura Coruna-2026-Taller

O venres pola mañá, BioCultura foi un fervedoiro de profesionais do ecoturismo (e de estudantes da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña) e daba gozo ver a uns e outros por aquí e por alá facer negocios e crear sinerxías positivas. O workshop de ecoturismo foi un éxito absoluto, por exemplo.

Dende as súas orixes, o movemento “bio” recalcou a relevancia de que o alimento orgánico, para pechar o círculo do ecolóxico, ten que ser o máis local posible. Neste sentido, o CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Eclóxica de Galicia) desembarcou na feira cunha nutrida representación de produtores e produtoras galegos de alimentos ecolóxicos de diversa índole, desde pastas a mel, desde algas a queixos, sempre en “bio” , que deron a degustar ao público, que gozou con eses excelentes e sabrosísimos produtos.

Pero tamén houbo produtos doutras comunidades e as persoas asistentes a BioCultura A Coruña non só puideron adquirir e saborear produtos galegos. Tamén puideron apreciar o gran valor dos aceites de oliva andaluces e cataláns, dos queixos asturianos e/ou dos produtos cántabros que acudiron á feira baixo o paraugas de ODECA (a Oficina de Calidade Alimentaria de Cantabria que tamén inclúe os produtos orgánicos cántabros) , que na actual edición presentou sidras, conservas, hortalizas, cítricos, zumes, marmeladas, etc.

Funcionou moi ben o bulicioso showcooking cunha maraea de xente interesándose polas propostas ecogastronómicas, obradoiros, receitas, degustacións, presentacións, etc., desde a mañá ao peche do salón.

Obradoiros para todas as idades en Biocultura
Obradoiros para todas as idades en Biocultura

Outras realidades

Dentro do consumo responsable, por exemplo, non para de crecer a tendencia da cosmética natural e ecolóxica certificada. Nese sentido, o showroom da Rede EcoEstética supuxo un punto de encontro para empresas e consumies/as de produtos de cosmética e de hixiene que lle dan as costas a ftalatos, e outros produtos tan perigosos para a saúde das persoas como para a saúde dos ecosistemas.

Compre destacar, neste sentido, que se puido coñecer e apreciar produtos ecocosméticos de empresas galegas, catalás, madrileñas… que apostan por un mundo sen ingredientes que poden ser carcinoxénicos e disruptores hormonais. Tamén o téxtil sostible é unha tendencia á alza. Empresas portuguesas, catalás, estremeñas… presentaron as súas novidades con tecidos ecolóxicos e ecosofías adscritas a unha sustentabilidade real, moi lonxe do “greenwashing” que practican moitas grandes empresas do téxtil, da cosmética e da alimentación.

Universo holístico

Máis aló das actividades paralelas do showcooking ecogastronómico e do showroom da ecoestética, as diferentes salas e espazos da feira foron lugar de encontro para as persoas que entenden a saúde como un universo holístico. O FYN (Festival de Ioga do Noroeste) aglutinou a un bo número de persoas (todas traíanse a súa esterilla para as sesións) que atopan no ioga unha forma de vida con paz e relaxo nun mundo cada vez máis estresado e pernicioso.

En saúde holística, as conferencias de Mariana Aróstegui, Chiara Marongiu, Fernando Aparicio e os irmáns Ruanova (Iago e Antón) axudaron a entender que somos herdeiros dun pasado xenético e coevolutivo. Se as nosas vidas e rutinas se afastan daquilo para o que os nosos organismos foron deseñados, a enfermidade aparecerá tarde ou cedo.
O doutor Salvador Ramos, experto en talasoterapia, presente na feira, puxo en voga o concepto “déficit de Natureza” para referirse a como enfermamos na medida en que os nosos hábitos e corpos afástanse do contacto íntimo e profundo coa Natureza.

“BioCultura quere achegar un granito de area para un modelo de sociedade máis ético e sostible e ser un lugar de visita para todas as persoas que aspiran a iso. Ah, e non esquezamos que a programación infantil e familiar permitiu educar a moitos nenos e nenas nunha forma de vivir, de alimentarse e de consumir que non busca máis, senón mellor. Eles e elas gobernarán o mundo que está por vir e é necesario educalos desde pequenos/as nunha concepción ecualifica da vida”, reflexiona un dos promotores, Antón Sánchez.

Imaxe da edición do ano pasado

O sector ecolóxico galego fai un balance positivo da feira BioCultura A Coruña

 

ÚLTIMAS

Os médicos dos hospitais cesan a súa actividade voluntaria ante a negativa da Xunta a negociar o fin da folga

Convocaba a Xunta ao sindicato O'Mega a semana pasdada, pero botouse atrás e a...

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Xa pasou máis dun mes dende a constitución da Comisión Especial sobre o Mundial...

O TSXG confirma 9 anos de cárcere por violar a unha muller ebria na Coruña: “Calquera home coñece os efectos do alcol”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a 9 anos...

O Concello activa o Consello Local de Igualdade e abre unha nova etapa de participación

O Concello da Coruña realizou este luns a sesión constitutiva do Consello Local de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here