O Concello da Coruña realizou este luns a sesión constitutiva do Consello Local de Igualdade, un órgano de participación orientado a fortalecer o diálogo, a corresponsabilidade e o traballo compartido ao redor das políticas públicas de igualdade na cidade.
O acto desenvolveuse no salón de sesións do Palacio Municipal de María Pita e contou coa asistencia da alcaldesa, Inés Rey, que foi a encargada de saudar e darlles a benvida ás persoas asistentes ao comezo da sesión.
“A creación deste órgano é unha boa noticia para a loita pola igualdade na cidade, un espazo no que debatemos e traballamos representantes de todos os grupos políticos e as asociacións civís”, aseverou nun acto con presenza da concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, quen asegurou que este espazo buscar servir de canle de “escoita” e para formular propostas.
Multitudinaria resposta á manifestación única do 8M na Coruña
Actividades de emprego
Noutra orde de cousas, o consistorio, a través do Centro Municipal de Emprego, ultima a posta en marcha da programación de accións formativas deste primeiro semestre, no que se desenvolverán 23 cursos para persoas en situación de desemprego. Está prevista a participación de 360 coruñesas e coruñeses.

