InicioA CORUÑAEugenia Gil Soriano, a árbitra internacional herculina: "Soño con pitar na 1ª...

Eugenia Gil Soriano, a árbitra internacional herculina: “Soño con pitar na 1ª División”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Recén de chegada de facer de 4⁰ árbitro en todo un San Mamés no Athletic-Betis do domingo, Eugenia Gil Soriano deixaba a maleta e se trasladaba onte a Ponteceso. Alí a esperaba a familia do Futbol da Costa nunha xornada formativa AND Futgal organizada polo CTA e o diario curmán Quepasanacosta. “O fútbol necesita a unión de árbitros e equipos, e estas xornadas son un bo exemplo de aprendizaxe mutua”, agradeceu a colexiada.

Ademais de participar na intensa mesa de debate na que se puxeron en común as posicións habitualmente encontradas de adestrador@s e colexiad@s, a árbitra internacional FIFA compartiu nunha ponencia a súa carreira, dende aqueles inicios no fútbol base herculino e nos propios campos da Costa con apenas 15 anos, para agora estar pitando na 1ª Div. Feminina e na 1ª RFEF.

De familia futboleira, criada en igualdade, medrou facendo atletismo, pero compartindo cos seus dous irmáns varóns o amor polo fútbol. Con 15 anos, case como un desafío, e apoiada pola súa familia, esta “guerreira” atreveuse a probar. E gustoulle. Nas primeiras sesións coincidiu con 3 rapazas que tamén estaban empezando, e unha delas segue sendo a súa mellor amiga. Así, a día de hoxe, a árbitraxe é todo para ela, pois ademais do seu traballo, tamén ten á súa parella e ás súa mellores amizades no colectivo.

A coruñesa foi debullando os seus fitos, dende que pitou a súa primeira vez en Riazor (un final do Teresa Herrera de base), pasando de pitar no Pinguel ou en Xaviña (“o Fútbol da costa sempre me gustou, un fútbol que me axudou ao entender o xogo”, recoñeceu) a facelos en San Mamés, e ata o seu primeiro partido internacional.

Polo camiño deixou claro que “ser árbitro é moi difícil”. E nese punto fixo fincapé no seu camiño. “Ao principio subín demasiado rápido, e despois tiven que estar 7 anos en Preferente. Houbo momentos nos que xa me pesaba seguir na mesma categoría, pero creo que esa amplia formación no barro, permíteme ser a árbitra que son agora”.

Eugenia Gil Soriano arbitra internacional corunesa en Ponteceso

Pero Eugenia deixou clara varias mensaxes. “A arbitraxe é todo pero non é todo. Eu por exemplo sigo correndo a bo nivel. Antes facía 400m e agora 800 pero mesmo conseguín beca deportiva co atletismo, coa que puiden ir en EEUU, a Pittsburg e acabar alí os estudios de Recursos Humanos, no doble grao que teño feito con Educación Primaria. Sempre tiven claro que hai que estudiar”.

Preguntoulle o alcalde de Ponteceso que porcentaxe de sorte e de esforzo hai detrás do seu éxito. “As dúas cousas”, respondeu. “Hai moito esforzo, dende logo, pero tamén algo de sorte tamén pois tiven un camiño foi sendo aberto por outras mulleres que estiveron antes aí. Eu soño pitar en 1ª Div. masculina pero igual non podo, igual aínda non é o tempo, pero espero ir abrindo lle camiño para que outras mulleres si o consigan moi pronto. Espero ser unha referente, sendo xa primeira galega en 1ªRFEF”, sinalou.

E que lle diría Eugenia a un neno ou unha nena que está pensando en meterse a árbitr@?, preguntoulle a bancada. “Pois que é unha maneira diferente de vivir o fútbol. Eu vívoo como un deporte. Pero tamén lle diría que ademais vas ser unha peza imprescindible do xogo, cunha fermosa posicion de mediador”.

Eugenia Gil Soriano nun cromo de QPC
Eugenia Gil Soriano nun cromo do álbum do Futbol Feminino Galego realizado por QPC na temporada 2021-2022

Máis información

Outras novas

Unha nai denuncia en redes sociais o acoso á súa filla, árbitra de 13 anos, nun partido de prebenxamíns na Coruña

ÚLTIMAS

Noite de incendios intencionados na Coruña: queiman seis colectores de lixo e dous baños portátiles

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervernir durante a madrugada deste martes, día 24,...

A humanización do parto na Área Sanitaria da Coruña-Cee, privilexio de poucas

Xa fai anos que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anunciou a implantación do...

Docentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre o reinicio dos cursos culturais

Cinco días despois do anuncio a través da prensa do Concello da Coruña da...

Detido na Coruña un empresario que empregaba a cidadáns estranxeiros usando identidades de terceiros

Axentes da Policía Nacional detiveron na Coruña a un home como presunto autor dun...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here