InicioSOCIEDADEExtinguido o primeiro gran lume da comarca coruñesa tras arrasar 33,5 hectáreas

Extinguido o primeiro gran lume da comarca coruñesa tras arrasar 33,5 hectáreas

Publicada o

Por editor

O incendio declarado este xoves no municipio coruñés da Laracha quedou extinguido nas últimas horas, segundo informou a Consellería do Medio Rural, tras afectar a unhas 33,5 hectáreas de terreo. O lume iniciouse pasadas as 16.00 horas deste xoves na parroquia de Caión, e acabou afectando a 19,5 hectáreas de monte arboledo e 14 hectáreas de monte raso. As chamas quedaron extinguidas pasada a medianoite.

Na extinción do incendio foron mobilizados en total 5 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, unha pa e 3 helicópteros. A consellería do Medio Rural insistiu en que o teléfono 085 está a disposición dos cidadáns no caso de que detecten algún incendio, e que tamén hai un teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria.

ÚLTIMAS

Ata Beethoven trae doazóns para o Banco de Alimentos

Gran éxito o colleitado na conferencia-concerto "Unha tarde con Beethoven". Unha iniciativa artellada polo...

A poesía bergantiñá toma o Palacio de María Pita

E exposición de Peter Kramer na sala de exposicións do Palacio Municipal, acolle este...

A Coruña presenta a Carreira Enki no Barrio 2026 para promover a inclusión desde as aulas

O Concello da Coruña presentou este xoves a Carreira Enki no Barrio 2026, unha...

Pontón sobre Avia Veira como a candidata á Alcaldía da Coruña: “Abre un novo tempo”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a figura de Avia Veira como...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here