InicioBARRIOSA AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando...

A AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos

Publicada o

Por Redacción

“Como é posíbel que o propio Concello chame “parque” ao espazo que vén de abrir?”

Así de crú é o comunicado que vén de lanzar a Asociación Veciñal Agra, deixando claro que o recén aberto Xardín do Observatorio non é suficiente. A entidade lembra que “segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos” e lamenta que “o que a Sra. Alcaldesa abriu neste barrio o pasado día 10 de marzo non ten nada a ver co parque que levamos reivindicando 40 anos”.

“O que se fixo foi, o pasado 14 de outubro de 2025, derrubar un muro que impedía á veciñanza facer uso dun espazo que pertence ao Ministerio de Medio Ambiente (agora cedido ao Concello para uso público). Espazo este que se veu usando durante anos, antes da pandemia de COVID-19”, sinalan criticando que “o acto público de apertura do día 10 de marzo pareceunos esperpéntico tendo en conta que, despois de cinco meses co muro derrubado, o único que se fixo para lle chamar “parque” foi sementar unha pouca herba, plantar uns bidueiros, poñer uns bancos e “recuperar” un muro de bloques de formigón, que agride á vista e impropio dun espazo verde (por moito que tradicionalmente cumpría facer os valados cos materiais locais e que no noso barrio abunda o cemento… que clase de asesoría paisaxística desaproveita a oportunidade de facer un valado de pedra seca nun xardín urbano!)”.

Parque do Observatorio aberto
Así é o Parque do Observatorio

Contabilizan a oferta “verde” por habitante.

  • Posibilidade de asento para 30 persoas, nun barrio cunha densidade de poboación de 60 000 hab/km2.
  • Unha superficie de formigón para pasear de 80 m de longo por 4 m de largo
  • Unha papeleira
  • Dous farois
  • Non se fixo ningún saneamento nin dos edificios existentes no recinto nin dos muros que o limitan.
  • Carece de Accesos axeitados para persoas con problemas de mobilidade ou en cadeira de rodas e Zona para crianzas.

Onde está o Parque prometido?

“Nin tan sequera hai indicios daquel proxecto de Parque que o propio Concello publicitou en 2023, cando a Sra. Alcaldesa asinou o protocolo coa presidencia da AEMET”, pregúntanse dende a Asoc..

“Entendemos que o Concello debe remediar, dunha vez por todas (e non será sen tempo!), o abandono que este barrio vén sufrindo desde sempre e dicir publicamente que, a curto ou medio prazo, o Parque da Agra chegará desde a rúa Canceliña até a rúa Almirante Mourelle. Só deste xeito se pode facer un mínimo de xustiza coa Agra do Orzán”, conclúe.

 

Máis novas

O parque da Agra é unha vergoña, non sei como se atreveron a abrilo así”

Aberto á cidadanía o parque do Observatorio na Coruña, un “anaquiño” do necesario Parque da Agra

ÚLTIMAS

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

A pesar das peticións dos docentes, e das promesas do edil de Cultura, o...

PP e BNG censuran no pleno a xestión do goberno local da Coruña tras renunciar á sede do Mundial 2030

Os grupos da oposición no Concello da Coruña, PP e BNG, cargaron este venres...

O barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero xa á venda, da Maestranza

Resulta paradóxico que unha promotora inmobiliaria estea xa promocionando a venda de pisos dunha...

Nova homenaxe ao heroes do Orzán

A Xefatura Superior de Policía de Galicia realizou este venres unha homenaxe aos 'heroes...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here