InicioBARRIOSNovo Mesoiro estrea o seu novo parque deportivo

Novo Mesoiro estrea o seu novo parque deportivo

Publicada o

Por Redacción

Necesaria era outra nova infraestrutura deportiva nun barrio de familias novas como Novo Mesoiro. Falamos dun dos da cidade coa idade media máis baixa polo que os espazos deportivos fanse máis que necesarios.

Cumprindo esa demanda, o Concello abriu á veciñanza o novo espazo de ocio urbano ao aire libre que comezou a habilitarse a finais deste verán nunha área axardinada en desuso tras os bloques de vivendas da rúa Ribeira Sacra e o rego de Moitos. O proxecto desenvolveuse sobre unha extensión de máis de 1.500 metros cadrados, e inclúe espazos individuais para a práctica deportiva de calistenia, break e bailes urbanos, baloncesto, tenis de mesa, xadrez e tamén un pequeno rocódromo.

Parque Novo Mesoiro 3

“O proxecto é moderno, é amplo e mellorará substancialmente o acceso ao ocio ao aire libre para os rapaces e rapazas do barrio. O compromiso do Goberno de Inés Rey é levar as melloras a todos os barrios. E nesa tarefa estamos a cumprir, agora cunha das zonas de xogo mellor equipadas da cidade”, subliñou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

O investimento do Concello neste proxecto foi de máis de 230.000 euros, e a actuación está enmarcada no paquete de medidas para abordar melloras estruturais en todos os barrios incorporando as demandas expresadas pola veciñanza e as súas asociacións. As áreas verdes situadas na contorna aínda seguirán valadas uns días ata que o novo céspede arraigue.

Parque Novo Mesoiro 3

ÚLTIMAS

A AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos

"Como é posíbel que o propio Concello chame “parque” ao espazo que vén de...

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

A pesar das peticións dos docentes, e das promesas do edil de Cultura, o...

Reabre o parque infantil de Puga e Parga tras a renovación das zonas verdes e de xogos

Xa está aberto case na súa totalidade, para o desfrute dos nenos e nenas...

PP e BNG censuran no pleno a xestión do goberno local da Coruña tras renunciar á sede do Mundial 2030

Os grupos da oposición no Concello da Coruña, PP e BNG, cargaron este venres...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here