A Global Sumud Galiza pon en marcha a xira de presentación do libro ”Diario a bordo do Sirius”, escrito por Manuel García Morales (Manolo Teniente), activista polos dereitos humanos. A obra recolle o testemuño en primeira persoa da súa participación na Flotilla da Liberdade no ano 2025, unha misión solidaria para romper o bloqueo sobre Gaza e denunciar a ocupación e a limpeza étnica en Palestina.
A xira arrincará na mañá do luns 6 de abril cunha rolda de prensa en Compostela e fará parada e fonda na Coruña o luns 6 de abril, na Libraría A Tobeira de Oza, ás 19.00 h.
Ademais, visitará o Ateneo Ferrolán, o martes 7 de abril, ás 18.00 h:; o mércores 8 de abril estará ás 20:00h no IES Fernando Blanco de Cee, ás 20.00 h; e oxoves 9 de abril, no Salón de Plenos do Concello de Moaña, ás 20.00 h.
Accións na Galiza
En todas as presentacións, Manuel García estará acompañado por integrantes da Asemblea de Global Sumud Galiza e representantes de colectivas solidarias, que aproveitarán para informar das accións previstas para a primavera de 2026 no marco da nova saída da Flotilla o 12 de abril, e das mobilizacións de apoio arredor desta data que terán lugar en localidades galegas.
Un diario escrito na travesía
Manuel García Morales, natural de Málaga e cunha longa traxectoria na solidariedade internacional, participou na experiencia da Flotilla como parte do activismo cívico para denunciar o xenocidio en Palestina. Durante a navegación foi escribindo un diario a bordo no que relatou día a día a evolución da flotilla, os avances, as dificultades e o contexto político e social que envolvía aquela acción humanitaria. O libro Diario a bordo do Sirius onta cun prólogo do actor e escritor Carlos Bardem, quen participou xunto ao autor na presentación o pasado 13 de marzo en Sevilla, ante estudantes e representantes da solidariedade con Palestina.
No seu prólogo, Carlos Bardem salienta a importancia da resistencia e a mobilización cidadá: “Os palestinos son resistentes —impagables os testemuños da súa loita que Manuel insire no diario— e quen os apoiamos debemos selo tamén, militar na esperanza de que axudarlles é posible, de que outro mundo é posible. Porque como ben explica Manuel: ‘A enorme e marabillosa mobilización de millóns de colectivos en todo o mundo ten que manterse e aumentarse, na mobilización

