InicioCULTURAO Concello confírmalle aos usuarios que esta semana contratará a empresa ponte...

O Concello confírmalle aos usuarios que esta semana contratará a empresa ponte para arrincar os talleres do programa de Lecer

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este luns 6 de abril, accedía o Concello a manter unha reunión cos usuarios do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora. Despois de meses de peticións, a Comité de Usuarios do Forum e da Ágora acodía á Concellería de Cultura para manter unha reunión coa directora do IMCE, Laura Seoane, e o asesor Manuel Pena, unha vez que p concelleiro Gonzalo Castro non puido asistir por motivos médicos.

Segundo os usuarios, a directora do IMCE informou que continúa a idea de comezar os Obradoiros de Primavera canto antes, a través dunha empresa temporal, cuxo nome aínda non se deu a coñece, que se contratará “esta mesma semana”, e que encargará de contactar cos docentes (que seguen sen recibir información directa por parte do concello) para programar o inicio das actividades e comunicarase a data de inicio dos obradoiros.

Informou ademais que dado o atraso no inicio dos obradoiros, estes prorrogaranse ata unha data indeterminada en xuño, incluíndo as actividades de clausura.

Ademais, anunciou que xa se fixeron públicos os novos pregos de condicións para a contratación dunha nova empresa para impartir os obradoiros este próximo outono. Un plegos que non pasaron polas mans dos propios docentes, a pesar das reiteradas demandas e as promesas vertidas durante estes meses por parte da concellería.

Máis novas do conflto

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

ÚLTIMAS

Alvedro afectado por unha folga indefinida de controladores aéreos a partir do 17 de abril

Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO realizaron un preaviso de folga indefinida...

A Coruña apela a unha “posición conxunta” sobre a captación de voos nos aeroportos galegos

O concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, insistiu na...

Luz verde ao prometido Parque do Vixía, a nova gran zona verde de Monte Alto

Dende 2023, cando a proposta da ANPAS do barrio gañaron un dos proxectos dos...

Alfonso Molina sufrirá cortes nocturnos este martes e mércores pola montaxe da nova pasarela

A avenida de Alfonso Molina, na Coruña, rexistrará importantes restricións de tráfico durante as...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here