InicioA CORUÑAO Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tivo que chegar un grupo de mozos e mozas duns instituto de Labañou, de todas partes do planeta, para convencer a un club de 120 anos de historia que o seu nome ten que estar en galego.

Esta pasada noite, sen aínda a confirmación oficial do club, os compañeiros do programa A Penaltis da RagioGalega e o xornalista e escritor Javi Guillén, avanzaron que o “Deportivo deixará de ser de La Coruña e galeguizará o seu nome no vindeiro mes de maio, nunha data sinalada”.

Todo nace da campaña #ODeporéDaCoruña, que levan desenvolvendo dende hai xusto un ano a mocidade do IES Rafael Dieste no marco do seu proxecto pioneiro  #Aquítaménsefala (que recentemente acaba de recibir o Premio da Cultura Galega). Ademais, o club realizou unha enquisa entre os seus afeccionados nos que realizaba a pregunta concreta de que nome prefire para o club.

Aínda non hai confirmación oficial, pero dende o proxecto escolar asinten “A mocidade facendo historia”, dando conta da revolución que hai hoxe no centro!

Máis novas

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Referentes nacionais pídenlle ao Dépor que por fin sexa “da Coruña”

 

Antón Corral e a campaña #Aquítaménsefala recoñecidos con sendos Premios da Cultura Galega 2025

“O Dépor é da Coruña”, o novo reto normalizador do #Aquítaménsefala

ÚLTIMAS

Estas son as posicións dos grupos políticos ante os acontecementos de onte

Despois da comparecencia do Delegado do Goberno Pedro Blanco sobre as manifestacións e os...

O delegado do Goberno vincula os altercados da noite con “un grupo radical moi reducido” e apoia a actuación policial

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu a un "grupo moi reducido"...

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

Moverse na aula favorece a resposta do alumnado con TDAH

Esa é a conclusión á que ten chegado Carlos Iván Blanco Casal, profesor do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here