InicioA CORUÑAAs traballadoras das multinacionais do téxtil maniféstanse ao Bud Bunny

As traballadoras das multinacionais do téxtil maniféstanse ao Bud Bunny

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Amenceron pechadas as tendas de varias multinacionais esta mañá de venres na Coruña. As traballadoras das tendas, a través dos sindicatos CIG Servizos e UGT, non abriron os comercios no marco da folga convocada para este venres. Protagonizaron ademais concentracións ás portas dos centros comercias de Marineda, Catro Camiños e da Praza de Lugo, que continuarán mañá sábado tamén a partir das 9:30h nos diferentes centros comerciais, e confluíndo na Praza de Lugo a partir das 12:00h.

Concentracion comercio textil Coruna q

Simpáticas foi a concentración de Catro Camiños, coas traballadoras cantando as cancións de Bud Bunny, en alusións aos milleiros de euros que a multinacional pagou para que o artista peruano saíse cunha das súas camisetas na final da Superbolw, pero non acepta manter as condicións das traballadoras que poñen a cara diante de cada cliente.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

”Queremos vivir, non sobrevivir” berraron en relación á sinatura do convenio que promove a patronal ARTE (na que están presentes as grandes multinacionais do comercio téxtil e do calzado). Un novo convenio, moi por debaixo do que actualmente teñen as profesionais da nosa provincia, que significaría a imposición de salarios entre 2.000 e 3.000 euros anuais, dependendo da categoría, por debaixo do que estabalece o convenio provincial da Coruña. Unha recorte que chegaría os 5.000 euros para o persoal de nova incorporación nas tendas do Grupo Inditex.

Concentracion comercio textil Coruna

Máis novas

As traballadoras das grandes cadeas do textil e calzado póñense en folga

Centos de traballadores do comercio maniféstanse na Coruña por un convenio “digno”

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

ÚLTIMAS

O comercio de alimentación da Coruña ameaza con levar a folga ao Nadal

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este martes na...

A IX edición de INTERSECCIÓN reúne 27 filmes de 22 países en cinco días

Xa está marcha INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, cunha completa programación...

O Concello da Coruña abre este martes a inscrición para a súa Escola de Participación con 400 prazas

O Concello da Coruña abre este martes o prazo de inscrición para unha nova...

A UDC acolle unha das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here