InicioPOLÍTICAInciden na falta de execución do goberno municipal: Investidos só o 2%...

Inciden na falta de execución do goberno municipal: Investidos só o 2% das subvencións para rehabilitación e ascensores

Publicada o

Por Redacción

Volve atacar o grupo do PP a través da execución orzamentaria. Como xa fixo a semana con respecto aos investimentos nos barrios, o voceiro do PP Miguel Lorenzo denuncia agora que o gobeno municipal “só gastou 155.000 € dos 8,3 millóns de € destinados a  subvencións para rehabilitación e ascensores en 2025. “Di que a vivenda é a súa prioridade, pero 8,15 millóns de €, o 98 %, quedaron sen usar a pesar de que hai moitos barrios con edificios antigos e residentes con baixos ingresos, o que permitiría a construción de vivendas de alugueiro”, sinalan dende a oposición.

Segundo o informe financeiro, Inés Rey non gastou nin un euro dos 1,17 millóns de € asignados a subvencións para ascensores.
En canto ás axudas para a rehabilitación de edificios, Inés Rey só gastou 134.000 € dos 1,96 millóns de € incluídos no orzamento final, un mero 7%, “cando é unha necesidade urxente en moitos barrios con edificios máis antigos, pero que quedaron sen a convocatoria municipal destas subvencións en 2025”.

Finalmente, para a rexeneración de barrios, as ARI (Áreas de Rexeneración e Mellora), tanto para vivendas como para zonas comúns, o goberno de Inés Rey só gastou 21.000 € dos 5,17 millóns de € incluídos no orzamento total de 2025, “a pesar de que estas axudas son esenciais para rexenerar os barrios máis antigos”.

 

Máis novas

Sumar, Esquerda Unida e Podemos unen o seu discurso fiscalizando a falta de execución do goberno municipal

O PP denuncia que o goberno local deixou sen executar máis de 105 millóns de euros nos barrios da Coruña

ÚLTIMAS

Independencia ou desapego? A présa por ver medrar os nosos fillos

Unha reflexión sobre o apego, a saúde mental e a presión social por formar...

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here