InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOSó ás couzas quedan na Casa Cornide

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en proceso de recuperación para o patrimonio público, está absolutamente baleiro, como comprobamos este luns na nosa visita fallida. A familia propietaria nótase que non quere que lle pase como no Pazo de Meirás e baleirou absolutamente todo o mobiliario, perdéndonos estampas como as que se publicaron no seu momento nun portal inmobiliario (cómpre lembrar que non está permitdo sacar fotos do interior).

Casa-cornide-segundo-a-inmobiliaria
Imaxe do interior da Casa Cornide antes de ser baleirada. Foto dun portal inmobiliario cando estaba á venda

Os grandes salóns e bibliotecas, os longos corredoires, as mullidas moquetas, as paredes estampadas con papeis de motivos florais, os espectaculares vestidoiros con armarios empotrados e impresionantes portas, e algunha que outra lámpada dan conta da excepcionalidade deste inmoble. Máis impresionantes son aínda as escaleiras de pedra interiores que parecen dunha catedral.

As visitas pódense reservar na agochada web https://casacornide.simplybook.it/v2/. As datas que permite reservar son só os luns de 9:00 a 13:00 (4 horas á semana), o mínimo que lles obriga a lei.

Un pouco de historia

Como nos conta David Sobrino nun artigo publicado en historiadegalicia.gal, este pazo urbano barroco erguido no século XVII pola familia do iustrado José Cornide, xeógrafo, naturalista e membro dunha das familias máis influentes da cidade, foi roubado polos Franco entre finais dos anos 50 e comezos dos 60 nunha permuta promovida polo entón alcalde Alfonso Molina (aínda cunha das rúas máis importantes da cidade ao seu nome…) e tras unha subasta tramposa na que o banqueiro Pedro Barrié de la Maza adquiriu o inmoble e llo revendeu a Carmen Polo, esposa de Franco, por un prezo irrisorio.

Non contentos con este regalo, o Concello chegou a realizar unhas obras de remodelación por 1,3 millóns de pesetas…

Dende aquel 1962, ata o 2025, máis de 60 anos o espazo estivo pechado ao publico, ata que un informe histórico elaborado por Vigo Trasancos por encargo do Instituto Cornide, o Concello da Coruña promoveu a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) en 2023. Aínda tardou a familia Franco dous anos en cumprir a lei e abrir a casa 4 horas á semana.

Podedes tamén completar a información histórica co repaso que Sobrino fixo dun traballo de Vigo Trasancos sobre o edificio tamén en historiadegalicia.gal ou no podcast Larentando.

Máis novas

Unanimidade, con matices, no pleno da Coruña para apoiar o proceso de recuperación da Casa Cornide

A apertura da Casa Cornide ao público: queixas polas reservas para un inmoble “baleiro”

ÚLTIMAS

Denuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala “unha demanda superior á habitual”

CIG-Saúde alertou dun colapso en Urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) mentres...

O PP da Coruña reclama ao Goberno un plan ferroviario urxente e investimentos para Alvedro

O PP da Coruña reclamou ao Goberno central novas actuacións en materia de infraestruturas...

A Policía detén un home tras roubar con violencia 50 euros a unha muller de máis de 80 anos

Axentes da Policía Nacional detiveron este luns na Coruña un home acusado dun roubo...

A Cámara da Coruña reforza o apoio ás empresas galegas que buscan abrirse a novos mercados

A Cámara de Comercio da Coruña está a impulsar un servizo de asesoramento internacional...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here