InicioSOCIEDADEAMEGA polo 25X: "Informar en galego tamén é facer patria"

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Publicada o

Por Redacción

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade, a nosa lingua e a nosa cultura. Mais non hai patria posible sen unha cidadanía informada, nin democracia plena sen medios de comunicación libres, plurais, independentes e comprometidos coa sociedade.

Os medios en galego son unha peza esencial para vertebrar á nosa querida Galicia. Conectan ás persoas cos territorios, explican a nosa realidade social, fiscalizan o poder e dan voz ás preocupacións da cidadanía. Nun tempo marcado pola desinformación e polos algoritmos, o xornalismo rigoroso é máis necesario ca nunca. Como defende AMEGA, sen medios libres e plurais a democracia perde unha das súas principais garantías. 

Os medios en galego teñen ademais unha responsabilidade engadida, non só informan, constrúen país. Fortalecen a lingua, fortalecen a cohesión social e contribúen a que as galegas e os galegos poidan vivir e participar na sociedade na súa propia lingua. Informar en galego é construír comunidade, preservar a nosa identidade e demostrar que o galego é unha lingua plenamente válida para explicar o presente e o futuro. 

Por iso, Galicia necesita un ecosistema mediático forte, diverso e sustentable. É imprescindible garantir condicións que permitan aos medios en galego desenvolver o seu labor con independencia, pluralidade e igualdade de oportunidades, recoñecendo o seu valor estratéxico para a sociedade e para a lingua. 

Neste Día da Patria Galega queremos agradecer o compromiso de todas as persoas que traballan nos medios de comunicación e facer un chamamento á cidadanía para apoiar, consumir e subscribirse aos medios en galego.

Porque sen medios en galego, Galicia perde a súa voz. Informar en galego tamén é facer patria.

ÚLTIMAS

Xunta e Concello da Coruña pechan os itinerarios dos autobuses para a futura estación intermodal

A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña avanzan na reorganización dos servizos...

Inés Rey reclama á Xunta un plan integral para rehabilitar os colexios públicos da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reclamou este martes á Xunta de Galicia a...

Transportes cortará o acceso á AC-11 desde a rúa Lamelas polas obras de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciará este mércores unha nova fase das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here