InicioA CORUÑAFalece un home mentres realizaba traballos de pintura nun domicilio

Falece un home mentres realizaba traballos de pintura nun domicilio

Publicada o

Por europapress

Un home faleceu este venres ao caerse mentres realizaba traballos de pintura nun domicilio da Coruña. As causas do falecemento están por determinar, xa que os axentes da Policía Nacional non descartan que sufrise unha indisposición previa á caída. Pasadas as cinco desta tarde, o 112 Galicia recibiu un aviso por un traballador inconsciente tras caer dunha banqueta cando pintaba. Sucedeu nun domicilio da Rolda do Outeiro, na Coruña.

Para atender a persoa, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, pouco despois, confirmaron o falecemento do traballador. Con todo, as causas están por dilucidar, dado que os servizos de emerxencias non descartan que o pintor sufrise un problema de saúde previo á caída.

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...