InicioBARRIOSAdxudicadas as obras de remodelación da rúa Vicente Aleixandre

Adxudicadas as obras de remodelación da rúa Vicente Aleixandre

Publicada o

Por Redacción

En breve comezarán a obras na rúa Vicente Aleixandre, no barrio do Castrillón. O Concello vén de adxudicar as obras de remodelación da rúa, cun orzamento de máis de 500.000 euros e un prazo de execución de 6 meses. As actuacións que formula o proxecto afectan a un tramo duns 200 metros, desde a avenida de Monelos ata o cruzamento coa rúa Rafael Bárez Vázquez.

Esta intervención traerá unha reordenación do espazo urbano poñendo no centro o peón e adaptando a contorna aos criterios de accesibilidade e seguridade viaria.
Renovaranse os pavimentos e o mobiliario urbano, engadindo ademais elementos axardinados. Manteranse as árbores existentes e plantaranse outras tres especies máis. A nova ordenación garantirá un ancho de beirarrúa de, como mínimo, 1,80 metros para garantir o tránsito peonil. A obra tamén traerá aparellada a renovación da sinalización.

A nova urbanización da rúa adaptarase ao modelo das actuacións recentes en rúas contiguas, co obxectivo de dotar o conxunto de certa homoxeneidade e identificación do núcleo urbano.
Prevese tamén a renovación da rede de saneamento, a adaptación da rede de drenaxe, o soterramento dun cruzamento existente da rede de enerxía eléctrica e a canalización soterrada da rede de iluminación pública. As actuacións completaranse coa renovación da sinalización horizontal e vertical da vía e a instalación doutros elementos viarios.

As obras seguen a senda da mellora do barrio, como se está realizar na praza José María Hernansáez.

obras na rua corunesa Jose Maria Hernansaez
Unha visita recente ás obras da praza Jose María Hernánsaez, que comezaron o pasado mes de outubro

 

En marcha as obras de humanización da praza José María Hernansáez, no Castrillón

ÚLTIMAS

As últimas estimacións de voto na Coruña de cara ás Eleccións Xerais do 29N: A loita polo 8º deputado

Hoxe, 19 de novembro é o último día para solicitar o Voto por Correo,...

Manuel Ferreiro guía un novo roteiro da AELG pola Coruña de Pondal

Mentres en Carballo estará Rosalía Fdez. Rial facendo un roteiro, na cidade da Coruña,...

Homenaxe filatélica a Marcial del Adalid

A Casa da Cultura Salvador de Madariaga, en Durán Loriga, estreou onte a nova...

ADEGA pide aproveitar as obras da pasarela para eliminar as comportas da “lagoa” de Fonteculler

A “lagoa” de Fonteculler é unha pequena acumulación de auga creada de forma artificial...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here