InicioA CORUÑAO Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña adxudicou, a distintas empresas, o servizo de xestión do oito centros da rede de Escolas Infantís Municipais, cun investimento duns 3.200.000 euros, segundo informou o portavoz do goberno local, José Manuel Lage, sobre os asuntos aprobados en Xunta de Goberno. Esta medida suscitou as críticas do grupo municipal do BNG, que considera que se prioriza o aforro económico fronte ás necesidades educativas.

Tamén critica que empresas con sede en León e Mallorca, apunta, “leven máis puntuación sen coñecemento do barrio, perfil de usuarios ou impulso do galego en comparación con empresas que levan décadas traballando nas escolas infantís municipais”. Na súa comparecencia, Lage apelou á aposta por unha educación pública “de calidade” e sinalou que o goberno local coruñés foi pioneiro “en promover este servizo gratuíto para a cidadanía, mantendo os máximos estándares educativos e de calidade, marcando unha senda que outras administracións seguiron ao ver os bos resultados cultivados nesta cidade”.

Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno adxudicou a creación do novo Parque do Vixía, no barrio de Monte Alto, cun investimento de 1,5 millóns e un prazo de execución de nove meses. A intervención suporá unha transformación total da contorna, creando unha gran área de esparexemento, segundo explicou o edil socialista. Lage incidiu tamén que estas actuacións forman parte do Plan de Barrios impulsado polo goberno local, que leva xa máis de 81 millóns de euros mobilizados. Na mesma Xunta de Goberno, deuse luz verde á adxudicación dos contratos para a organización do Mercado de Nadal deste ano na praza de María Pita. En total, o Concello investirá máis de 300.000 euros nesta actuación.

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...