InicioA CORUÑAO Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de...

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización lingüística, unha directriz que ten como obxectivo definir e coordinar un conxunto ordenado de medidas dirixidas a promover o uso do galego na cidade da Coruña. O orzamento base de licitación é de case 50.000 €, e o prazo de execución de catro meses.

O novo Plan reforzará o plan de acción definido o cumprimento da m reguladora do uso da lingua galega, aprobada polo Pleno no ano 2021.

Os obxectivos do Plan inclúen promover que o galego sexa a lingua habitualmente usada polo Concello en todos os seus ámbitos; garantirlle á cidadanía coruñesa o seu dereito a poder vivir con normalidade o uso cotián da lingua; e conseguir máis funcións sociais e maiores espazos de uso para o galego na Coruña fomentando a súa presenza en sectores estratéxicos.

Máis alá dos obxectivos xerais, o Plan de Normalización Lingüística deberá presentar e detallar unha análise concreta da situación sociolingüística no Concello, con medidas  concretas que se implantarán co fin de mellorar as condicións de uso, e facer un seguimento do cumprimento dos obxectivos marcados. O plan levarase a cabo a través dun proceso participativo no que interveñan activamente os axentes sociais e administrativos.
Para obter os datos de diagnóstico, a empresa adxudicataria realizará tamén un estudo demoscópico que apoiará así con datos cuantitativos o plan de acción que se vai desenvolver.

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here