InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOArrinca o programa do Monte dos Crutos para poñer en valor o...

Arrinca o programa do Monte dos Crutos para poñer en valor o Castro de Elviña

Publicada o

Por Redacción

Arrincou este xoves unha nova edición de ‘Sons e saberes no Monte dos Crutos’. Un programa municipal e da asociación Tempo Novo con diversas actividades culturais e de divulgación patrimonial no Castro de Elviña. Durante estes 3 días, a zona do castro acollerá obradoiros, visitas guiadas, contacontos, exposicións e actuacións musicais para todos os públicos.

O programa arrincaba onte xoves cun obradoiro de estampaxe no que as persoas participantes poderán elaborar a súa propia diadema inspirada no Tesouro de Elviña, guiadas polo arqueólogo experimental Vítor García Piñeiro.

Xa o venres 25, ás 17.30 horas, desenvolveranse simultaneamente un obradoiro de construción de valos tradicionais impartido polo canteiro Manuel Campos Vilaverde e unha visita guiada ao Castro de Elviña.

A xornada principal será a do sábado 26 de setembro. A programación comezará ás 9.30 horas cun roteiro de natureza e historia pola contorna do castro da man de Alejandro Álvarez. A partir das 11.30 horas abrirase o recinto arqueolóxico, que acollerá durante toda a xornada unha exposición fotográfica sobre memoria colectiva e unha ciclobiblioteca especializada en patrimonio e memoria. Tamén ás 11.30 horas terá lugar unha visita musicada ás escavacións recentes guiada polo arqueólogo municipal Marco Rivas Nodar.

Posteriormente, ás 13.00 horas, Anxo Moure ofrecerá unha primeira sesión de contacontos. O encontro continuará cun xantar popular ás 14.00 horas, concibido como un espazo de convivencia aberto á participación da veciñanza.

Pola tarde, ás 16.00 horas, Antón Cortizas impartirá un obradoiro de construción de brinquedos con refugallos. Ás 16.30 horas realizarase unha visita comentada á exposición fotográfica e ás 17.00 horas haberá unha nova sesión de contacontos con Anxo Moure, así como a actividade participativa ‘Os Foucellas da billarda’, unha eira de aprendizaxe deste xogo tradicional.

A programación pecharase ás 19.00 horas co concerto do grupo Aghrú, que protagonizará o solpor musical co que concluirá esta edición.

Aquelas actividades que requiren inscrición previa poden reservarse a través do correo electrónico contacto@temponovo.gal ou do teléfono 651 498 212.

Vistas da Coruna dende o MOnte dos Crutos Castro Elvina
Vistas da cidade dende o Monte dos Crutos

ÚLTIMAS

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para...

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

A Deputación da Coruña reivindica o legado de José Suárez cun premio honorífico á súa obra fotográfica

A Deputación da Coruña recoñeceu a figura de José Suárez co premio honorífico de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here