Únense varios colectivos á XV Limpeza Simultánea de Praias, que a Asociación Ecoloxista ADEGA propón para esta fin de semana. Baixo o lema “Únete á marea!”, participarán case 40 entidades, entre asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino… de 22 concellos do país, para limpar os nosos areais e concienciar sobre a necesidade de coidar o noso mar.
Tendes á vosa disposición un mapa con todas as convocatorias previstas con grupos abertos por se queredes unirvos.
Limpeza e Brigantium FEST
Na comarca serán, varios os colectivos que se unen á esta iniciativa. Por exemplo, a Asociación Down Coruña estará o venres na praia de Santa Cristina; na cala de San Roque, en Labañou, participarán tamén o venres a Oficina de Sustentabilidade da UDC en colaboración coa AAVV Francisco Rodríguez Otero de Labañou e a ANPA do CEIP de Prácticas (oficina.sustentabilidade@udc.gal); mentres que Prado Surf Escola limpará a praia de Bastiagueiro na mañá do domingo 18 (podedes unirvos no 660221890).

Máis ambiciosa será a limpeza do colectivo Arenalimpia. A entidade que dinamiza IzanVoluntario suma a súa 165ª limpeza de praias, e desta volta fará máis cousas, mesmo un festival, en colaboración con Manos Creativas e Cazuza Music Club,
A xornada comezará ás 11:00 horas, co punto de encontro na rampla do Orzán, fronte a Vazva. Ás 11:10 horas, comezará a limpeza da praia. A partir das 13:05, os participantes trasladaranse a Cazuza, onde se servirá un bufete gratuíto. A xornada rematará aproximadamente ás 14:30, poñendo fin a unha mañá dedicada ao medio ambiente, á participación cidadá e ao espírito comunitario.
Arenalimpia anima a todas as persoas interesadas a participar e contribuír ao coidado da costa gallega.


