O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14 de outubro as candidaturas ao Congreso dos Deputados e ao Senado coas que os socialistas da provincia concorrerán ás eleccións xerais do próximo 29 de novembro.
Finalmente, non foi aceptada a proposta que realizaba o grupo socialista da cidade da Coruña (propuña a María Rivas), e será a actual subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, Obdulia Taboadela Álvarez, a que encabece a candidatura ao Congreso dos Deputados. Acompañarana Julián Reina Villalón, concelleiro en Ferrol; Ana Alvite García, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia; Jorge Romero Pérez, concelleiro en Porto do Son; Belinda Insua Fuentes, de Camariñas; Jesús Fernández Díez, concelleiro en Oleiros; Tamara García Muñiz, de Rianxo; e Andrés Teijo Hermida, concelleiro en Betanzos.
No Senado, os candidatos serán Gumersindo Guinarte Cabada, concelleiro en Santiago de Compostela; Cristina Pardo Portos, concelleira en Culleredo; e Alejandro Antonio García Sousa, de Valdoviño.
O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, Bernardo Fernández, destacou que a candidatura aprobada polo Comité Provincial combina tres elementos principais: os apoios que os candidatos e candidatas recibiron por parte da militancia socialista nas asembleas locais da provincia, unha ampla renovación das listas e unha representación equilibrada das distintas comarcas.
Destacou que as comarcas da Coruña, Ferrolterra, Santiago, Bergantiños-Costa da Morte, Barbanza e As Mariñas están representadas nas candidaturas ao Congreso e ao Senado. A aprobación definitiva corresponderá ao Comité Federal do PSOE, que se celebrará este sábado.

Candidatura ao Congreso dos Deputados
- 1. Obdulia Taboadela Álvarez (A Coruña)
- 2. Julián Reina Villalón (Ferrol)
- 3. Ana Alvite García (secretaria xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia)
- 4. Jorge Romero Pérez (Porto do Son)
- 5. Belinda Insua Fuentes (Camariñas)
- 6. Jesús Fernández Díez (Oleiros)
- 7. Tamara García Muñiz (Rianxo)
- 8. Andrés Teijo Hermida (Betanzos)
Suplentes
- 1. Inés Ramos López (A Laracha)
- 2. Jorge Domínguez Castro (Corcubión)
- 3. Guadalupe Rodríguez Silva (Santiago)
- 4. José Manuel Pérez Abelenda (Coristanco)
- 5. Mercedes Prieto Lamas (Cambre)
- 6. Antón Manuel Cillero López (XSG)
- 7. Laura Sánchez Couceiro (Oza-Cesuras)
- 8. Jesús Manuel Iglesias Vilariño (Frades)
- 9. Sandra Maneiro Pais (Noia)
- 10. Diego García Legarra (Pontedeume)
Candidatura ao Senado
- 1. Gumersindo Guinarte Cabada (Santiago)
Suplente 1: Montserrat García Chavarría (As Pontes)
Suplente 2: Antonio Agustín Regueiro Rodríguez (Carral) - 2. Cristina Pardo Portos (Culleredo)
Suplente 1: Manuel Santiago Pérez (Ferrol)
Suplente 2: Silvia María de Arriba Fernández (Narón) - 3. Alejandro Antonio García Sousa (Valdoviño)
Suplente 1: Gema Fernández Cuiña (A Coruña)
Suplente 2: Carlos Pernas Fraguela (Cariño)
PERFIL DE OBDULIA TABOADELA
Obdulia Taboadela Álvarez (Madrid, 1964) é doutora en Socioloxía e profesora titular da Universidade da Coruña (UDC), especializada en mercado de traballo, migracións internacionais e estudos de xénero. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, conta tamén con formación de posgrao en Responsabilidade Social e Innovación Social e en Liderado para a Xestión Pública. Ao longo da súa carreira académica desempeñou diferentes responsabilidades de xestión universitaria, entre elas a de vicedecana da Facultade de Socioloxía da UDC.
Conta cunha ampla traxectoria política e institucional. Foi subdelegada do Goberno na Coruña entre 2004 e 2007, concelleira no Concello da Coruña, senadora na XIII Lexislatura e conselleira de Educación na Embaixada de España en Polonia. Desde 2023 exerceu como deputada no Congreso pola provincia da Coruña, onde foi portavoz socialista na Comisión de Ciencia, Innovación e Universidades, ademais de participar noutras comisións parlamentarias. En setembro de 2026 asumiu novamente a responsabilidade de subdelegada do Goberno na Coruña.

