Unhas 25 entidades volverán xuntarse ete vindeiro xo ves 3 de decembro ‘Baixo o mesmo paraugas’. A campaña, lanzada en 2015 pola ASPACE Coruña, conta co apoio de 24 asociacións (120 en toda Galicia) e coa colaboración do Concello, para defender unha sociedade plural e diversa, onde todas as persoas teñen moito que achegar, e recoñecer o traballo de inclusióndas persoas con discapacidade, as súas familias, o persoal das entidades e o voluntariado.
Co lema #Xente10, e poo Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a marcha seguirá un percorrido circular e accesible. Partirá da explanada do Parrote, pasará pola praza de María Pita e continuará polas rúas Rego de Auga e Luchana. Desde alí cruzará a avenida da Marina e regresará ao Parrote pola zona peonil da avenida do Porto. Ás 12.00 horas, persoas con discapacidade de distintas entidades tomarán a palabra para ler o manifesto.

Ricardo Iglesias, portavoz das entidades organizadoras de Baixo O Mesmo Paraugas, animou a toda a cidadanía a unirse a este gran movemento. “Queremos amosar as capacidades das persoas, porque as diferenzas fan máis forte a unha sociedade e todas as persoas teñen moito que achegar. Animamos a toda a cidadanía a acompañarnos cos seus paraugas en todos os actos que faremos en Galicia. E queremos que cada ano se unan máis entidades de toda a comunidade”, resaltou.
A edila de servizos sociais Nereida Canosa animou a veciñanza e os centros educativos a sumarse á marcha. «Vide cun paraugas de cores, vide coa familia, coas amizades, cos compañeiros de traballo ou de clase», sinalou a concelleira. As entidades propoñen tamén participar a través das redes sociais o propio 3 de decembro, compartindo unha fotografía cun paraugas de cores e etiquetando a conta @galiciadiversa.


