InicioMOV. SOCIAISO estudantado coruñés amosou o seu apoio ás vítimas da agresión sexual...

O estudantado coruñés amosou o seu apoio ás vítimas da agresión sexual grupal de Badalona

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este xoves, o colectivo Libres e Combativas, xunto co Sindicato de Estudantes da Universidade da Coruña, desenvolvía unha concentración no Campus de Elviña para berrar alto e claro contra as agresións sexuais.

Unha cita para amosar o apoio e solidariedade da comunidade escolar coas vítimas das agresións sexuais do Centro Comercial Magic de Badalona, dúas mozas de 11 e 16 anos que sufriron violancións grupais nos baños do centro e que foron abandonadas á súa sorte polo centro comercial, a policía, os servizos sociais e o concello. “Un escándalo maiúsculo que non podemos permitir, nin en Badalona nin en ningún sitio”.

”Tras ser brutalmente agredidas, as vítimas inmediatamente pediron axuda aos gardas de seguridade do Màgic, pero foron ignoradas. Armándose de valor, elas e os seus familiares denunciaron as violacións en comisaría, pero os Mossos d’Esquadra non facilitaron axuda psicolóxica inmediata ás vítimas, tampouco colaboraron coas familias, nin están a actuar decididamente para saber por que ese centro comercial converteuse nun espazo impune para unha manada de agresores sexuais”, critican dende o colectivo estudiantil.

Coincidindo coa semana na que terá lugar unha gran manifestación en Badalona, o colectivo quixo poñer o seu grao de area na cidade.

ÚLTIMAS

PSOE e BNG sacan adiante o Plan de urbanización do Parque da Agra coa oposición do PP e da veciñanza

Cunha concentración de veciños e veciños da Agra ás portas do Palacio de María...

Detido un home tras un apuñalamento nos Mallos

Un home foi detido por apuñalar outro durante unha disputa en A Coruña, segundo...

Galicia Design Week: Achegar o “bo deseño” aos ollos da cidade

A Coruña prepara a mirada para aprender do “bo deseño” na sétima edición da...

Cano incluirá A Coruña na súa xira estatal de 2027 co ‘Anais Tour’

A Coruña será unha das dez cidades da xira estatal de 2027 de Cano,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here