InicioECONOMÍAA Coruña, no podio dos concellos galegos con máis vivendas turísticas

A Coruña, no podio dos concellos galegos con máis vivendas turísticas

Publicada o

Por editor

As vivendas turísticas incrementáronse nun 16,4% no último ano en Galicia, con datos ata febreiro de 2023 que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), que sitúan o total en 14.775.

Delas, o 18,3% (case dous de cada 10) correspóndese con tres municipios: Sanxenxo (Pontevedra), con 1.072 vivendas turísticas; Vigo, con 953; e A Coruña, con 683. A continuación sitúanse outros concellos como o de Santiago de Compostela, que dispuña de 480 vivendas turísticas en febreiro de acordo coas cifras do INE; O Grove, con 407 e Ribeira, con 262.

En canto ás prazas que supuñan este total de vivendas turísticas, pasaron a ser 78.069, fronte ás 68.563 de febreiro de 2022, isto é, un 13,9% máis. As prazas por vivenda turística pasaron así a alcanzar as 5,28, o que supón un descenso fronte ás 5,40 do mesmo mes do ano anterior.

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here