InicioSOCIEDADEMedio millar de nen@s emprendendor@s presentaron os seus proxectos en María Pita

Medio millar de nen@s emprendendor@s presentaron os seus proxectos en María Pita

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este venres a Praza de María Pita convertiuse nun viveiro de empresiñas. Máis de catrocentos cincuenta nenos e nenas que participaron nunha nova edición do Mercado da Semente, levando os seus produtos creados ao longo do curso dentro do Proxecto Semente: “Unha empresa na miña escola”.

Un proxecto municipal que trata de fomentar os valores do emprendemento, a cooperación e o coñecemento do comercio xusto e da economía social entre os nenos e nenas que cursan entre 3º e 6º de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial dos centros educativos da cidade.

Durante o curso aprenderon a crear e xestionar empresas, baixo a forma de cooperativa; conseguiron a licenza facendo unha visita ao Salón de Plenos e onte era o gran día da posta en escena da venda dos primeiros produtos.

O centro máis implicado foi o Jesuitinas e ás mellores cooperativas a GOA & Jones (Grande Obra de Atocha) e EcoCoruña (San Pedro de Visma).

Os centros educativos participantes este curso foron: CEIP Concepción Arenal, CPR Grande Obra de Atocha, CPR Hijas de Jesús, CEIP Manuel Murguía, CPR Montegrande, CPR Sagrado Corazón, CEIP San Francisco Javier, CEIP San Pedro de Visma e o CEIP Zalaeta. No mercado venderon os artigos que realizaron as cooperativas escolares: Animal Gamers, Arte Natural, Artilandia, Ciencia y Terror, Confishop, Creativilandia, Deportixogos, EcoCoruña, Franciscorp, GOA & Jones, La Coru Neno, Mentes Curiosas, Mil e un tarros, Mundo infinito, Murguiarxila, Primaria 51, SanMarisco, Sementa Deportes, Supermontegrande e Xogos divertidos.

ÚLTIMAS

A Xunta aproba a integración do Museo do Depor no sistema galego de museos no día da súa inauguración

A Xunta aprobou a integración do Museo do Real Club Deportivo da Coruña no...

A CIG insta a CCOO a negociar un novo acordo de convenio para o transporte de viaxeiros por estrada na Coruña

Continúa a división sindical condicionando a negociación do convenio para os traballadores e traballadoras...

As bandas galegas Arde, Jonydasvie, Montedapena e Raze súmanse en xullo ao festival coruñés Atlantic Pride

Bandas e artistas como Arde, Jonydasvie, Montedapena, Raze e Terrae Dj's incorpóranse ao cartel...

A Deputación da Coruña e o CITIC promoven un programa educativo sobre IA en institutos da provincia

A Deputación da Coruña e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here