InicioPOLÍTICAAs enquisas apuntan que Inés Rey continuará de alcaldesa

As enquisas apuntan que Inés Rey continuará de alcaldesa

Publicada o

Por editor

As dúas enquisas publicadas ata o momento, a de Sondaxe para La Voz de Galicia e a de GAD3 para CRTVG, apuntan que Inés Rey seguirá de alcaldesa. O PPdeG subiría levemente e o BNG duplicaría resultados. A Marea baixaría es está por ver que pasa con Por Coruña.

A da CRTVG indica que os populares serían os máis votados na Coruña, con 11 edís, pero a socialista Inés Rey podería reter a alcaldía porque obtería 10 concelleiros, que poderían sumar o apoio dos 4 edís do BNG, mentres que Marea Atlántica quedaría con dous asentos en María Pita. Esta enquisa non lle dá ningún concelleiro a Por Coruña.

Pola súa banda, a enquisa de La Vox indica que o PSdeG tería dez actas, igual que o PPdeG. O BNG consegue duplicar a súa representación e pasaría a contar con catro membros no pleno. A escisión de Marea Atlántica, Por Coruña, entraría no pleno cun concelleiro, mentres a candidatura da Marea, que encabeza Xan Xove, perde catro concelleiros e quedaría con só dous.

ÚLTIMAS

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública...

Doce persoas detidas e unha rede de narcotráfico desmantelada en Galicia

Nova operación contra o narcotráfico en Galicia. Membros do Equipo de Delincuencia Organizada e...

En marcha as obras de mellora da accesibilidade no Castro de Elviña

O Concello comezou as obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade no...

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta passada noite de mércores a gala ‘Mulleres...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here