InicioPOLÍTICAO PSOE da Coruña acorda iniciar negociacións co BNG a semana que...

O PSOE da Coruña acorda iniciar negociacións co BNG a semana que vén para un acordo de investidura

Publicada o

Por monchomarino

Os socialistas coruñeses acordaron iniciar a próxima semana as negociacións co BNG para lograr un acordo de investidura, “sen marcar liñas vermellas nin fórmulas preestablecidas”, sinalan tras a reunión da comisión executiva.

Nela, a alcaldesa e secretaria xeral do PSdeG da Coruña, Inés Rey, asegurou, tras o resultado das eleccións municipais nas que o PSOE obtivo 11 concelleiros, dous edís máis que nos anteriores comicios, que a cidade “apostou claramente por un goberno de progreso”.

Rey presidiu esta tarde o encontro da executiva local para avaliar os resultados obtidos nas eleccións do pasado domingo e pór en marcha o proceso interno de face á aprobación das listas para as próximas eleccións xerais.

Na reunión destacou que o PSdeG conseguiu incrementar a porcentaxe de votos obtidos na cidade herculina, “con menor participación e nun contexto xeral de baixada de apoio ao PSOE”.

“A Coruña foi a única alcaldía socialista das capitais de provincia de toda España que conseguiu dous concelleiros máis polo que temos que estar satisfeitos e valorar ao apoio que recibimos”, sinalou.

ÚLTIMAS

As últimas estimacións de voto na Coruña de cara ás Eleccións Xerais do 29N: A loita polo 8º deputado

Hoxe, 19 de novembro é o último día para solicitar o Voto por Correo,...

Manuel Ferreiro guía un novo roteiro da AELG pola Coruña de Pondal

Mentres en Carballo estará Rosalía Fdez. Rial facendo un roteiro, na cidade da Coruña,...

Homenaxe filatélica a Marcial del Adalid

A Casa da Cultura Salvador de Madariaga, en Durán Loriga, estreou onte a nova...

Adxudicadas as obras de remodelación da rúa Vicente Aleixandre

En breve comezarán a obras na rúa Vicente Aleixandre, no barrio do Castrillón. O...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here