InicioCULTURAEmotivísima homenaxe a Dani Fiaño nos Premios Martín Códa da Música

Emotivísima homenaxe a Dani Fiaño nos Premios Martín Códa da Música

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fermosa festa da músiva a vivida esta pasada noite en Pontevedra co gallo da 10ª edición dos Premios Martín Códax da Música. O evento, artellado pola asociación de Músicas ao Vivo, é toda unha festa da música galega contemporánea, e un perfecto escaparate para que o resto do país coñezamos as novas propostas musiqueiras na nosa lingua.

Espectaculares na introdución e na guía da gala estiveron os Fran Rei e Isabel Risco, que cal Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, rimaron, cantaron e fixeron rir ao panorama galego co viño como fío condutor.

A xornada tiña prevista a participación cun coruñés ilustre. O finado Dani Fiaño, alma da A.C. Sons de Breogán, ía ser o encargado de dar 4 premios. O seu emocionadísimo pai, Tino, acodiu na súa representación, defendendo que “a loita de Daniel pola lingua e obra pola lingua galega aí estará”. entre bágoas, Tito lembrou o percorrido de Sons de Breogán, que nacía como un Traballo de Fin de Grao, e continuou na Asociación que tanto defende a Música galega contemporánea e independente.

Aproveitou ademais, tirando de valentía, para facerlle un rogo ao Conselleiro de Cultura: “se Rosalía e Pondal saben tanto de música, da música actual galega, será porque hai moi boa canteira. Tire dela e déixese de tanto Son do Camiño internacional, e aposte por un Son do Camiño onde a música galega protagonista, sóbralle canteira”, propuxo entre os aplausos da bancada. Aquí o podedes ver:

Poucos premios, en calquera caso, para a cidade da Coruña (a meirande parte para a provincia de Pontevedra), entre os que cómpre destacar o Premio Rock e Punk a Moura.

Luz Casal, Premio Honorífico

Os Premios

Foto de familia

ÚLTIMAS

A CIG mantén a folga no metal da Coruña ante a “tomadura de pelo” da patronal

O secretario comarcal de CIG-Industria en Ferrol, Sergio Martínez, cualificou de "totalmente ridícula" a...

O peirao público de Calvo Sotelo bota o peche para os festivais privados do verán

O peirao de Calvo Sotelo está aberto aos coruñeses desde o mes de novembro...

O BNG pídelle ao Goberno Local informes sobre a situación económica

O grupo municipal do BNG pediu ao goberno local da Coruña que lle facilite...

Investigadores da UDC avanzan nun novo sistema para levar material xenético ao interior das células

Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña desenvolveu...

1 COMENTARIO

  1. ¡Qué emotiva homenaje a Dani Fiano en los Premios Martín Coda de la Música! Su talento y pasión por la música brillan en cada nota y es justo reconocer su destacada trayectoria. ¡Felicidades a Dani Fiano por este merecido galardón! Luis Mills.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here