InicioDEPORTESO Barça non sabe gañar ante un Liceo sobresaínte

O Barça non sabe gañar ante un Liceo sobresaínte

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Menudo final de liga o vivido esta pasada noite no pavillón de Riazor. Tralas hecatombes de Basquet Coruña e Dépor, o Liceo pechou a serie de derrotas herculinas que chegan este ano ás portas de facer algo bonito.

Fíxoo, en todo caso, demostrando cal é o club máis laureado da cidade, de Galicia, competindo cara a cara contra un equipo que lle triplica en presuposto. Un FC Barcelona, o trasaltántico deste deporte, que fixo un fraco favor ao deporte cunha fea demostración de non saber gañar, provocando unha tangana e acabando con varios expulsados nos minutos finais.

Co 2-0 colleitado nos dous primeiros partidos da final da OKLiga (a máxima competición estatal) disputados no Palau, o Barça partía como claro favorito. Pero parecía seguro que o Liceo ía prantar cara na casa, arroupadou por unha afección que encheu de verde (o club fomentou a entrada de balde cunha prenda verde) o pavillón.

Saíu dominador o Liceo que se adiantaba moi pronto por medio de Bruno. Pronto empatou o cadro blaugrana, que comezaba a demostrar o seu hockey dominador. As posesións do cadro local eran vertixinosas mentres o equipo visitante tocaba e tocaba. Metíanse por diante pero de contado Bruno facía o segundo para empatar de novo.
Repetíase o guión na segunda: pegaba o Barça, respondía Bruno, nun treito de xogo no que os da casa (Dava Torres e Carballeira), Manrubia, César e Rodríguez pelexaban cada bola coma se fose a última.
Foi Bargallón (un dos ex liceistas xunto con Alabart) o que facía un 3-4 chave a falta de 5 minutos. Entraron as presas aí, non conseguía superar a liña defensiva o Liceo, e Juan Copa meteu xogo de 5 no último. Estivo o aí o empate, nunha internada polo medio de Bruno na que todo o pavillón pediu penalti. Os colexiados non o viron e á contra sentenciaba o Barcelona batindo dende o medio campo.

Non quedaba nin un minuto, co partido sentenciado, e os xogadores visitantes tiveron unha actuación vergonzoza: un tiro dende o seu campo con mala fe dirixido a Manrubia, dous puñetazos, unha tangana, dous expulsados… que manera de gañar. Así se mereceron a música de vento que lle dedicou a afección verde cando ergueron a Copa baixo o estrondo dun potente “Liceo, Liceo, Liceo!!!!”

Agora, volverá pasar o de sempre. O estadio acabou despedindo aos 5-6 xogadores que, xa con seguridade, non estarán a vindeira campaña, fichados por equipos con maior presuposto. Pero coma sempre, este Liceo de Juan Copa rescatará xoias non descubertas para volver facer un equipa capaz de loitar por todo a vindeira campaña.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here